Saltar

BROFJÄRDEN Cepillo de baño/WC, efecto cromado

14,99€
Pódese instalar na parede utilizando para iso parafusos ou un kit adhesivo KROKSJÖN, véndense por separado.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Os accesorios cromados para baño BROFJÄRDEN traen á memoria deseños elegantes e perennes do pasado. Grazas a este soporte de parede terás sempre á man as túas cousas de aseo. Pódelo montar mediante parafusos ou adhesivos.

Número de artigo105.815.50

Detalles do produto

Compatible co kit adhesivo KROKSJÖN.

Como a escobilla pódese substituír, podes conservar o mango e combinalo cunha escobilla de reposto TRONNAN.

Acabado cromado, duradeiro e resistente á corrosión.

Sen parafusos á vista, porque as fixacións quedan ocultas.

Deseñador

Sarah Fager

Número de artigo105.815.50

Información útil

Pódese instalar na parede utilizando para iso parafusos ou un kit adhesivo KROKSJÖN, véndense por separado.

A instalación co kit de montaxe de parede adhesivo KROKSJÖN só require 1 soporte de montaxe e 1 xiringa de cola.

Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).

Non inclúe parafusos para a montaxe na parede.

Se non estás seguro sobre as ferraxes que debes usar, pregunta na túa ferraxería.

Inclúe cepillo de limpeza.

Casa con outros produtos da serie BROFJÄRDEN.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Vaso:
NOTRANS
Tirador/ Adaptador/ Bulón/ Bulón:
NOTRANS
Cesta metálica:
NOTRANS
Anel/ Brazo/ Tapa de tubo/ Panel de cobertura:
NOTRANS, NOTRANS
Tirador:
Plástico de polipropileno (20 % reciclado como mín.)
Corpo:
Plástico de polipropileno (50 % reciclado como mín.)
Fibras (pelo animal):
NOTRANS
Clip:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Medicións

  • diámetro: 11 cm
  • lonxitude: 12 cm
  • Altura: 40 cm
  • Carga máxima montado con cola: 4 kg

Embalaxe

BROFJÄRDEN

Número de artigo105.815.50
  • Ancho: 13 cm
  • Alto: 11 cm
  • Longo: 23 cm
  • Peso: 0.49 kg
  • Paquete(s): 1

Evita perforacións, confía nos adhesivos

Non queres perforar as paredes do baño? Moitas persoas pensan igual. Aínda así, é preciso utilizar ganchos ou outras solucións de almacenaxe para manter todo ordenado. Por iso creamos o kit adhesivo para instalación en parede KROKSJÖN. Así poderás pendurar todos os teus accesorios sen danar os azulexos nin as paredes.

"O kit KROKSJÖN serve como soporte para varias das nosas series de accesorios", di Sofia Helbro, unha das nosas enxeñeiras de desenvolvemento de produto. "Porén, é esencial que quede ben adherida á parede. Por iso, decidimos colaborar con tesa, un dos maiores expertos en todo o que teña que ver con solucións a base de pegamento e cinta".

Pegamento resistente e seguro de usar

Isto marcou o comezo dunha colaboración intensa e en circunstancias bastante peculiares. "Os nosos requisitos implican que non podemos utilizar produtos químicos que esixan colocar etiquetas de advertencia. Por iso, tivemos que desenvolver un pegamento que cumprise estes requisitos". Ao cabo dun longo e desafiante proceso de desenvolvemento, acadamos o noso obxectivo: un pegamento seguro, mais o bastante resistente para suxeitar varios quilogramos.

Sen deixar rastro

Durante moito tempo, as ventosas ou cintas eran as únicas opcións dispoñibles par suxeitar ganchos no cuarto de baño, a non ser que quixeses facer buratos. O malo é que non aguantan moito peso. "A parte positiva do adhesivo KROKSJÖN é que aguanta bastante máis peso que unha ventosa e adhírese igual de ben no formigón que no vidro ou no azulexo". Instalar o kit non require de ferramentas e non supón un risco de danar a membrana impermeable. "E cando queiras cambiar estes elementos de sitio ou queiras renovar o baño, podes quitalo todo e xa está. Sen que queden residuos de pegamento nin buratos na parede".

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Durante unha visita a unha casa museo en Estocolmo quedei pampa ollando aqueles mobles dos séculos XIX e XX, especialmente os elegantes accesorios para o baño. Grazas a eles animeime a deseñar unha serie de produtos a xogo co mesmo encanto atemporal. Os detalles cromados brillan como se fosen xoias e o xogo de baño de 3 pezas parece feito de vidro, pero realmente é máis seguro. Se es coma min e che gustan os deseños bonitos e duradeiros, non deixes pasar a serie BROFJÄRDEN".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.