BRÄNNBOLL Soporte para accesorios x3
Como conseguilo
Grazas a estes 3 soportes coloridos de distinto tamaño poderás crear pequenas exposicións personalizadas cos teus obxectos favoritos.
Detalles do produto
En 3 cores e tamaños distintos que che permiten combinar os soportes cos teus accesorios como máis che guste.
Podes cambiar os soportes de posición facilmente segundo os teus gustos e necesidades.
Combina os soportes coa vitrina BRÄNNBOLL e crea unha exposición única cos teus obxectos favoritos. Véndese por separado.
Marta Krupińska
Medicións
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.

Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña
Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.
Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".
Non todo ten que ser negro
O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.
Todo o que necesitas
A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"O mundo das figuriñas coleccionables é infinito. Adoita comezar con inocencia, mais axiña torna en museo. Eu tamén o vivín, sei o que digo. Iso foi o que me levou a crear o expositor de parede BRÄNNBOLL, cos seus tres soportes coloridos. No armario, os teus valiosos obxectos de colección ocupan un lugar privilexiado, protexidos detrás de paneis transparentes, horizontais ou verticais. E cos soportes podes destacar as túas figuriñas favoritas. Unha combinación perfecta para crear unha exposición única e persoal".