BRÄNNBOLL Pousavasos, cortiza, 19 cm
Como conseguilo
A xogar... sen restos de comida nin pingas. Os aperitivos e as bebidas son compañeiras imperdibles mentres botamos unha partida. Este portavasos reduce o risco de derramamentos accidentais mentres estás ó teu.
Detalles do produto
Os bordos elevados reducen o risco de derramamentos que poidan provocar manchas en mesas ou alfombras.
Portavasos cun deseño en círculos de distinto tamaño onde pousar pratos, xerras e cuncas.
Protexe a superficie do taboleiro da mesa e reduce o ruído de vasos e copas.
Feito de cortiza, un material suave e natural que amortece os golpes e non dana as superficies.
Coas dimensións perfectas para pratos, pratiños, cuncas e canecas da serie IKEA 365+.
Anna-Maria Nilsson
Medicións
- diámetro: 19 cm
Opinións dos clientes

Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña
Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.
Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".
Non todo ten que ser negro
O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.
Todo o que necesitas
A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Botar unha partida pode ser un reto cando os mandos, os aperitivos e as bebidas teñen que compartir espazo. Co repousavasos BRÄNNBOLL buscaba solucionar este problema para que puideses concentrarte na partida. Para crealo inspireime nos aneis de bancadas dos estadios e así foi como creei un "miniestadio" con círculos de distintos tamaños e con espazo para pratos, canecas e cuncas. Está feito de cortiza, un material suave e resistente fácil de limpar".