BRÄNNBOLL Alfombra gaming, negro, 195 cm
Como conseguilo
A alfombra gaming BRÄNNBOLL con deseño pixelado é todo o que o teu dormitorio necesita durante as túas partidas. Os bordos verdes están ben cosidos para reducir o risco de que a alfombra escorregue mentres xogas a videoxogos de realidade virtual.
Detalles do produto
Os bordos están cosidos firmemente, así notarás cando chegues ó bordo da alfombra mentres xogas a videoxogos de realidade virtual e saberás que tes que volver ó medio para gañar a partida.
O pelo denso e groso amortece o son e proporciona unha superficie suave sobre a que camiñar e xogar.
O material antiescorregante da parte de atrás fai que a alfombra non se mova e se reduza o risco de esvarar.
Feita con resistentes fibras sintéticas antimanchas de doado mantemento.
Iina Vuorivirta
Medicións
- diámetro: 195 cm
- superficie: 2.98 m²
- densidade da superficie: 1650 g/m²
- grosor: 8 mm
Opinións dos clientes
Accesorios para BRÄNNBOLL
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.


Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña
Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.
Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".
Non todo ten que ser negro
O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.
Todo o que necesitas
A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".
Form design process
A túa casa gaming
Principio ou fin de partida, tanto ten. Os divertidos estampados do tapete par rato, a suave alfombra gaming e a cálida manta da colección BRÄNNBOLL son perfectos para aquelas persoas que nunca cansan dos píxeles e adoran os xogos de computador. Non só son ideais para xogar, tamén son fermosos detalles de interior que se apoderan do teu fogar e crean o ambiente axeitado.