BONDTOLVAN Espertador, analóxico/rosa claro, 8x9 cm
Tamén precisarás
Como conseguilo
Acorda a tope de enerxía co reloxo despertador analóxico BONDTOLVAN deseñado por Aaron Probyn. Comeza o día co pé dereito e, se queres botar un chisco máis na cama, activa a función de repetición de alarma con só tocar a parte superior.
Detalles do produto
Controla o tempo dun xeito fermoso e discreto. Este reloxo rosa crea un ambiente escandinavo moderno e acolledor no fogar, independentemente da zona horaria na que te atopes.
O pedestal sobre o que se apoia o reloxo está inspirado nos espertadores de mediados do século XX e permite ver á hora aínda que na mesa de noite haxa outros obxectos diante do reloxo.
Velaquí unha alarma para espertares a tempo. Para que o reloxo teña un aspecto sinxelo, ten os botóns na parte posterior.
Un pouco máis alto agora: a alarma ten catro intensidades distintas para acordares máis a gusto.
Cunha lixeira presión na parte superior, actívase unha función de repetición de 5 minutos.
A parte superior das agullas reflicte a luz para que poidas ver a hora na escuridade, sen necesidade de acender unha lámpada.
Aaron Probyn
Medicións
- Altura: 12 cm
- Ancho: 8.5 cm
- fondo: 9 cm
- diámetro: 8 cm
Opinións dos clientes
Funcionalidade
Escoitas o ruído do reloxo? Nós tampouco!
Os reloxos son accesorios estupendos e un reloxo de parede ou de mesa fermoso di moito máis cá hora. Os nosos reloxos están dispoñibles en distintas cores, estilos e tamaños, para que sempre encontres un para cada habitación. Mesmo para o dormitorio, porque os nosos reloxos non fan nada de ruído e dan a hora sen molestar a ninguén. Elixe o reloxo que máis che guste e combínao co fotografías e espellos para decorar as paredes da casa. Non esquezas poñerlle pilas!
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A maioría das persoas miran a hora no móbil, de feito xa case esquecemos o que é mirala nun reloxo analóxico de toda a vida. Cando deseñei BONDTOLVAN, quería crear reloxos con formas e cores curiosas. Por exemplo, ao despertador púxenlle un pedestal para que estivese máis elevado e o reloxo de parede ten un deseño sinxelo fácil de ler. Como sempre, agardo que a xente desenvolva unha certa conexión emocional con estes reloxos".