Esta lámpada altofalante presenta un deseño elegante, emite un son nítido e unha luz regulable cos que transformarás a túa casa. Coloca o altofalante onde queiras, sube o volume e deixa que a música acompañe cada momento.
Detalles do produto
Podes colocar este altofalante versátil en ángulos diferentes, en función das túas necesidades: as dúas rañuras para cable permítenche cambialo de posición facilmente mantendo a súa elegancia.
Permíteche escoitar os teus podcasts ou música favorita, só necesitas un teléfono, unha computadora ou outro dispositivo Bluetooth.
Preme decontino para regular suavemente a intensidade da luz e crear a atmosfera perfecta para calquera ocasión e actividade.
O altofalante pode cambiar o estado de ánimo e o ambiente da túa casa, ser a escusa para xuntar toda a familia para escoitar un pódcast ou un audiolibro, ou animar a festa con música cando recibas visita.
Este altofalante Bluetooth é fácil de usar e emite un son potente e nítido que podes ampliar facilmente con máis altofalantes Bluetooth con modo altofalante múltiple.
O modo multialtofalante permíteche conectar este altofalante Bluetooth con outros que inclúan esta función e gozar da mesma música desde varios altofalantes.
A función Sotify Tap permíteche reproducir a túa música favorita. Abonda con premer o botón para a música recomezar no punto exacto onde a deixaches.
A función Spotify Tap tamén xera cancións baseadas no teu historial de reprodución, para que poidas descubrir música nova. Preme de novo o botón para cambiar de canción!
Jon Eliason
Medicións
- Ancho: 22 cm
- fondo: 20.6 cm
- Altura: 22.4 cm
A idea tras o produto
A idea tras o produto
Para min, un bo altofalante ten que ter varias cousas e, cando deseñei BLOMPRAKT quixen incluílas todas. Un son inmellorable, obviamente, mais tamén algunha cousiña a maiores, como un deseño elegante e unha iluminación regulable que acompañe a música. A inspiración provén dun recordo da infancia, nos anos 70: unha lámpada de mesa rota e a cancións dos Beatles 'Let It Be' soando de fondo. O resultado é unha peza de deseño requintada coa que, espero, os usuarios poidan crear momentos memorables no fogar.