Saltar

BLÅVINGAD Peluche con luz de noite LED, turquesa polbo/a pilas

19,99€
As pilas véndense á parte. Necesita 2 pilas AA.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Lavable á máquina

A lámpada con forma de polbo con cabeza luminosa é un amiguiño e un compañeiro de xogos ideal para ter xunto á cama. Cumpre as normativas de seguridade máis estritas do mundo, igual que todas as nosas lámpadas infantís.

Número de artigo705.169.34

Detalles do produto

Este divertido polbo é acolledor e non deixará só ao teu fillo; para acendelo, só hai que premelo suavemente na cabeza.

A luz tenue é agradable para os ollos dos nenos e é perfecta como luz nocturna.

Podes quitar a lámpada con facilidade cando teñas que recargar as pilas ou cando teñas que lavar o polbo.

Podes quitar e utilizar a lámpada por separado e deixar que o teu fillo abrace o polbo de peluche e xogue con el.

Tanto a tea coma o recheo deste suave polbo están feitas de poliéster 100% reciclado, dende a cabeza luminosa ata a as puntas dos oito brazos.

Casa ben con outros produtos da colección BLÅVINGAD.

Deseñador

S Edholm/L Ullenius

Número de artigo705.169.34

Información útil

As pilas véndense á parte. Necesita 2 pilas AA.

IKEA recomenda as baterías recargables LADDA.

A luz suave non crea escintileos na escuridade e así prolóngase a duración das pilas.

A fonte de luz ten unha vida útil de 25 000 horas aprox. Isto corresponde a uns 20 anos coa lámpada acendida 3 h ao día.

O temporizador integrado apaga a lámpada ao cabo de 15 minutos.

2 produtos en 1 – boneco de peluche e lámpada LED.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Lente óptica/ Base/ Soporte de montaxe/ Cobertura:
NOTRANS
Tea:
NOTRANS
Recheo:
NOTRANS

Mantemento

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Este produto de iluminación non ten bordos afiados, partes pequenas, aberturas nin ganchos.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • Altura: 19 cm
  • lonxitude: 50 cm
  • Ancho: 50 cm

Embalaxe

BLÅVINGAD

Número de artigo705.169.34
  • Ancho: 14 cm
  • Alto: 12 cm
  • Longo: 19 cm
  • Peso: 0.31 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.4Valoración media
89Opinións

SostibilidadeAs persoas e o planeta

Enerxía e recursos

É posible encariñarse co plástico?

Queremos reducir a cantidade de material novo nos nosos peluches. Utilizar poliéster reciclado como recheo, e dar así nova vida ao plástico usado, é unha forma de facelo. Por iso embarcámonos nunha viaxe apaixonante coa nosa nova gama de peluches. O noso obxectivo é encher o maior número posible de peluches con poliéster reciclado, sen comprometer a seguridade nin a calidade.

Xoguete de polbo de peluche suave con ollos suaves e brillantes, perfecto para nenos. Feito con materiais reciclados.

Mergúllate nun mundo de marabillas

Delfíns surfeiros, curiosas tartarugas e divertidos polbos. As profundidades do mar son como un mundo encantado que dispara a imaxinación. Foi precisamente o mar o que nos serviu de inspiración para crear a colección BLÅVINGAD. Mentres traballabamos no proxecto decatámonos de que eran moitas as nenas e os nenos os que se interesaban polos mares e os seus habitantes.

"As nenas e os nenos están concienciados e ben informados sobre o problema da contaminación dos mares e como isto afecta os animais que neles viven. Queren facer algo ao respecto e queren que nós, os adultos, tamén o fagamos", di a psicóloga infantil Dr. Barbie Clarke. Ela participa con frecuencia en "Kid's Advisory Panel", onde preguntamos a opinión dos máis pequenos sobre distintos temas.

Misterios debaixo da superficie

Pero que ten o mar para atraer e fascinar a tantas nenas e nenos de todo o mundo? Mesmo a nenas que viven a centos de quilómetros da costa... "O mar e os seus habitantes sempre foron parte dos mitos e historias que nos contaron", di Barbie. "É un mundo debaixo da superficie, algo misterioso e que desperta a imaxinación".

Descubrir o mundo

As historias, os xogos e as películas sobre a vida nas profundidades do mar danlles acceso a un mundo completamente distinto ó seu. "As nenas e nenos entre 3 e 6 anos son os que máis imaxinación teñen e cando medran o que queren é aprender e comprender todo o que rodea o mar", di Barbie. Barbie engade que cando os nenos son absorbidos por algo, isto pasa a ser máis ca un xogo, esquecen as súas preocupacións e comezan a explorar o mundo e ampliar os seus horizontes, a modo de balea azul xigante que sae a explorar o mar.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.