Saltar

BLÅVINGAD Mochila, azul/verde, 13 l

9,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Esta mochila lixeira é perfecta para levar a unha excursión á praia ou ao bosque. Está feita de poliéster reciclado e ten varios petos para gardar obxectos grandes e pequenos tanto no interior como no exterior.

Número de artigo805.340.70

Detalles do produto

Queres mergullarte nun mundo de marabillas? Introduce as coordenadas e descubre todas as cousas emocionantes que acontecen baixo a superficie acuática.

Mantén limpa a natureza. No gran peto de malla exterior, podes poñer o teu propio lixo, ademais dos residuos que atopes, e levalo todo á casa.

O interior da mochila ten un peto de malla cunha cremalleira no que podes gardar pequenos obxectos, como as chaves e o teléfono móbil.

A mochila queda no seu sitio, xa que as tiras para os ombros son doadas de axustar.

O tecido da mochila é resistente á auga.

É fácil de transportar e ocupa pouco espazo ao baleirarse, xa que se pode pregar.

O tecido está feito en poliéster reciclado. Aproveitar o lixo como se for un recurso achéganos a un futuro máis sostible.

Combina moi ben con outros produtos da colección BLÅVINGAD.

Deseñador

Stina Lanneskog

Número de artigo805.340.70

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 5 anos de idade.

Medicións

  • volume: 13 l

Embalaxe

BLÅVINGAD

Número de artigo805.340.70
  • Ancho: 34 cm
  • Alto: 1 cm
  • Longo: 45 cm
  • Peso: 0.12 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.1Valoración media
10Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Bolsa de cordón turquesa con revestimento verde, peto de malla forte, ben cosido para durabilidade.

Mergúllate nun mundo de marabillas

Delfíns surfeiros, curiosas tartarugas e divertidos polbos. As profundidades do mar son como un mundo encantado que dispara a imaxinación. Foi precisamente o mar o que nos serviu de inspiración para crear a colección BLÅVINGAD. Mentres traballabamos no proxecto decatámonos de que eran moitas as nenas e os nenos os que se interesaban polos mares e os seus habitantes.

"As nenas e os nenos están concienciados e ben informados sobre o problema da contaminación dos mares e como isto afecta os animais que neles viven. Queren facer algo ao respecto e queren que nós, os adultos, tamén o fagamos", di a psicóloga infantil Dr. Barbie Clarke. Ela participa con frecuencia en "Kid's Advisory Panel", onde preguntamos a opinión dos máis pequenos sobre distintos temas.

Misterios debaixo da superficie

Pero que ten o mar para atraer e fascinar a tantas nenas e nenos de todo o mundo? Mesmo a nenas que viven a centos de quilómetros da costa... "O mar e os seus habitantes sempre foron parte dos mitos e historias que nos contaron", di Barbie. "É un mundo debaixo da superficie, algo misterioso e que desperta a imaxinación".

Descubrir o mundo

As historias, os xogos e as películas sobre a vida nas profundidades do mar danlles acceso a un mundo completamente distinto ó seu. "As nenas e nenos entre 3 e 6 anos son os que máis imaxinación teñen e cando medran o que queren é aprender e comprender todo o que rodea o mar", di Barbie. Barbie engade que cando os nenos son absorbidos por algo, isto pasa a ser máis ca un xogo, esquecen as súas preocupacións e comezan a explorar o mundo e ampliar os seus horizontes, a modo de balea azul xigante que sae a explorar o mar.

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

Cando creei os tecidos para a divertida colección BLÅVINGAD, imaxinei un mundo submarino máximo onde os animais tiñan personalidades propias e vidas como as das persoas. Agardo que os meus deseños prendan en vós a chama da imaxinación e da curiosidade para descubrir máis sobre os mundos submarinos... e o desexo por coidar dos nosos mares e dos animais que neles moran. Persoalmente, adoro as baleas azuis, e a roupa de cama onde viven, con mares transparentes coma o cristal, é a miña favorita. Cal é a túa?

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección BLÅVINGAD

Accesorios para BLÅVINGAD