BLÅVINGAD Lámpada parede, tartaruga/verde
Como conseguilo
Quizais esta fermosa tartaruga acenda a imaxinación do teu cativo para levalo de aventuras submariñas. O que si que é seguro é que esta lámpada para nenos superou as probas de seguridade máis rigorosas.
Detalles do produto
A luz tenue é agradable para os ollos dos nenos e é perfecta como luz nocturna.
Casa ben con outros produtos da colección BLÅVINGAD.
Henrik Preutz
Información técnica
BLÅVINGAD
Lámpada parede, tartaruga/verde
Número de artigo205.265.63Driver incluído | Si |
Identificador do modelo do driver | ICPSW24-3-3 |
Máxima potencia de saída do driver | 3 W |
Medidas do driver | 55 x 44 x 25 mm |
Peso do driver | 41 g |
Tipo de fonte luminosa do driver | LED |
Eficiencia do driver con carga plena | 81 % |
Consumo eléctrico sen carga (Pno) do driver | 0.05 W |
Consumo enerxético en modo espera de rede (Pnet) do driver | N/A Nome |
Consumo enerxético en modo espera (Psb) do driver | N/A Nome |
Driver apto como regulador de fontes de luz | Non |
Medicións
- lonxitude do cable: 2.0 m
- Altura: 7 cm
- lonxitude: 25 cm
- Fluxo luminoso: 138 lm
- efecto: 1.6 W
- Ancho: 19 cm
- Tempo de vida estimado: 25000 hr
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.


Mergúllate nun mundo de marabillas
Delfíns surfeiros, curiosas tartarugas e divertidos polbos. As profundidades do mar son como un mundo encantado que dispara a imaxinación. Foi precisamente o mar o que nos serviu de inspiración para crear a colección BLÅVINGAD. Mentres traballabamos no proxecto decatámonos de que eran moitas as nenas e os nenos os que se interesaban polos mares e os seus habitantes.
"As nenas e os nenos están concienciados e ben informados sobre o problema da contaminación dos mares e como isto afecta os animais que neles viven. Queren facer algo ao respecto e queren que nós, os adultos, tamén o fagamos", di a psicóloga infantil Dr. Barbie Clarke. Ela participa con frecuencia en "Kid's Advisory Panel", onde preguntamos a opinión dos máis pequenos sobre distintos temas.
Misterios debaixo da superficie
Pero que ten o mar para atraer e fascinar a tantas nenas e nenos de todo o mundo? Mesmo a nenas que viven a centos de quilómetros da costa... "O mar e os seus habitantes sempre foron parte dos mitos e historias que nos contaron", di Barbie. "É un mundo debaixo da superficie, algo misterioso e que desperta a imaxinación".
Descubrir o mundo
As historias, os xogos e as películas sobre a vida nas profundidades do mar danlles acceso a un mundo completamente distinto ó seu. "As nenas e nenos entre 3 e 6 anos son os que máis imaxinación teñen e cando medran o que queren é aprender e comprender todo o que rodea o mar", di Barbie. Barbie engade que cando os nenos son absorbidos por algo, isto pasa a ser máis ca un xogo, esquecen as súas preocupacións e comezan a explorar o mundo e ampliar os seus horizontes, a modo de balea azul xigante que sae a explorar o mar.