Saltar

BLÅVINGAD Cortadores de masa, 5 pezas, cor de aluminio

2,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Cos moldes BLÅVINGAD e a pasta moldeable MÅLA, o teu pequeno poderá crear o seu propio mundo submarino cheo de animais sorprendentes. Unha actividade práctica e divertida onde a imaxinación voará libre.

Número de artigo805.265.03

Detalles do produto

Con este pingüín, tartaruga, peixe, delfín e ameixa e un pouco de plastilina, o teu pequeno artista poderá crear o seu propio mundo submarino.

Axuda aos nenos a desenvolver as súas habilidades motrices e a coordinación mans/vista.

Deseñados para os máis pequenos: son fáciles de coller e abonda premer para crear as figuras.

Deseñador

S Edholm/L Ullenius

Número de artigo805.265.03

Información útil

Só para xogar, non para cociñar/enfornar. Non resiste a calor.

Combinar coa plastilina MÅLA.

Combina con todos os produtos da colección BLÅVINGAD: peluches, tecidos, iluminación e outros accesorios.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Non é apto para o forno.

Non é apto para o lavalouza.

Lavar antes e despois de usalo.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Medicións

Embalaxe

BLÅVINGAD

Número de artigo805.265.03
  • Ancho: 14 cm
  • Alto: 2 cm
  • Longo: 14 cm
  • Peso: 0.09 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
64Opinións

Mergúllate nun mundo de marabillas

Delfíns surfeiros, curiosas tartarugas e divertidos polbos. As profundidades do mar son como un mundo encantado que dispara a imaxinación. Foi precisamente o mar o que nos serviu de inspiración para crear a colección BLÅVINGAD. Mentres traballabamos no proxecto decatámonos de que eran moitas as nenas e os nenos os que se interesaban polos mares e os seus habitantes.

"As nenas e os nenos están concienciados e ben informados sobre o problema da contaminación dos mares e como isto afecta os animais que neles viven. Queren facer algo ao respecto e queren que nós, os adultos, tamén o fagamos", di a psicóloga infantil Dr. Barbie Clarke. Ela participa con frecuencia en "Kid's Advisory Panel", onde preguntamos a opinión dos máis pequenos sobre distintos temas.

Misterios debaixo da superficie

Pero que ten o mar para atraer e fascinar a tantas nenas e nenos de todo o mundo? Mesmo a nenas que viven a centos de quilómetros da costa... "O mar e os seus habitantes sempre foron parte dos mitos e historias que nos contaron", di Barbie. "É un mundo debaixo da superficie, algo misterioso e que desperta a imaxinación".

Descubrir o mundo

As historias, os xogos e as películas sobre a vida nas profundidades do mar danlles acceso a un mundo completamente distinto ó seu. "As nenas e nenos entre 3 e 6 anos son os que máis imaxinación teñen e cando medran o que queren é aprender e comprender todo o que rodea o mar", di Barbie. Barbie engade que cando os nenos son absorbidos por algo, isto pasa a ser máis ca un xogo, esquecen as súas preocupacións e comezan a explorar o mundo e ampliar os seus horizontes, a modo de balea azul xigante que sae a explorar o mar.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.