Saltar

BLÅVINGAD Conxunto de 5 peluches

9,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Lavable á máquina

Un xogo de 5 peluches pequenos do mundo dos mares que acompañarán á túa filla ou fillo en todas as súas aventuras. Co tamaño perfecto para levalo na mochila ou no peto.

Número de artigo305.221.16

Detalles do produto

No fondo do mar hai un mundo máxico cheo de criaturas fascinantes. O teu pequeno é quen de recoñecer os 5 animais deste grupo?

Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.

O recheo deste produto contén poliéster reciclado procedente do plástico recollido a 50 km en mar aberto, o que permite reducir a contaminación das augas.

A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.

Queremos que os nosos peluches repartan amor durante moitos anos, e por iso facémolos con materiais agradables e ollos bordados, sometémolos a rigorosos test de lavado e asegurámonos de que non conteñen produtos químicos nocivos.

Podes lavar a peluche na lavadora a 40 °C, para así lucir sempre como nova.

Deseñador

S Edholm/L Ullenius

Número de artigo305.221.16

Información útil

Combina con todos os produtos da colección BLÅVINGAD: peluches, tecidos, iluminación e outros accesorios.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 12 meses.Este produto leva marcado CE.

Medicións

Embalaxe

BLÅVINGAD

Número de artigo305.221.16
  • Ancho: 12 cm
  • Alto: 10 cm
  • Longo: 13 cm
  • Peso: 0.06 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
367Opinións
Polbo de xoguete suave con ollos bordados, textura amarela peluche e tentáculos detallados, perfecto para acariñarse.

Mergúllate nun mundo de marabillas

Delfíns surfeiros, curiosas tartarugas e divertidos polbos. As profundidades do mar son como un mundo encantado que dispara a imaxinación. Foi precisamente o mar o que nos serviu de inspiración para crear a colección BLÅVINGAD. Mentres traballabamos no proxecto decatámonos de que eran moitas as nenas e os nenos os que se interesaban polos mares e os seus habitantes.

"As nenas e os nenos están concienciados e ben informados sobre o problema da contaminación dos mares e como isto afecta os animais que neles viven. Queren facer algo ao respecto e queren que nós, os adultos, tamén o fagamos", di a psicóloga infantil Dr. Barbie Clarke. Ela participa con frecuencia en "Kid's Advisory Panel", onde preguntamos a opinión dos máis pequenos sobre distintos temas.

Misterios debaixo da superficie

Pero que ten o mar para atraer e fascinar a tantas nenas e nenos de todo o mundo? Mesmo a nenas que viven a centos de quilómetros da costa... "O mar e os seus habitantes sempre foron parte dos mitos e historias que nos contaron", di Barbie. "É un mundo debaixo da superficie, algo misterioso e que desperta a imaxinación".

Descubrir o mundo

As historias, os xogos e as películas sobre a vida nas profundidades do mar danlles acceso a un mundo completamente distinto ó seu. "As nenas e nenos entre 3 e 6 anos son os que máis imaxinación teñen e cando medran o que queren é aprender e comprender todo o que rodea o mar", di Barbie. Barbie engade que cando os nenos son absorbidos por algo, isto pasa a ser máis ca un xogo, esquecen as súas preocupacións e comezan a explorar o mundo e ampliar os seus horizontes, a modo de balea azul xigante que sae a explorar o mar.

Máis información

Calidade

Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida

Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.

Funcionalidade

Peluches para abrazar unha e outra vez

Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"A humanidade depende de os mares estaren limpos e cheos de vida. Por iso é tan importante o que fixésemos coa colección BLÅVINGAD. Antes elixir os animais nos que focalizar a nosa atención, tivemos que estudar como son realmente. Usamos bosquexos para decidir o que podería funcionar, como motivos, peluches ou estampados. Agardamos que os produtos transmitan a sensación de estar dentro do mar e aviven a curiosidade por coñecer o que hai debaixo da superficie".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.