Saltar

BLÅVINGAD Alfombra

34,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Esta alfombra transforma o chan nun mundo máxico somerxido. Suave para camiñar e xogar enriba dela, e feita de pelos de poliéster reciclado provenientes de plásticos recollidos do mar.

Número de artigo805.283.66

Detalles do produto

A alfombra de fibras sintéticas é resistente ás manchas, duradeira e fácil de manter: a solución ideal para os xogos dos nenos.

Esta alfombra absorbe os ruídos, crea un ambiente acolledor e ten un tacto moi agradable.

A base de goma evita que a alfombra se mova cando os teus fillos corren ou xogan por riba.

Sabemos que os nenos son moi sensibles, pero non te preocupes. Este produto foi probado e non contén substancias daniñas para a pel ou a saúde dos pequenos.

O tecido deste produto contén poliéster reciclado procedente do plástico recollido a 50 km en mar aberto, o que permite reducir a contaminación das augas.

Combina moi ben con outros produtos da colección BLÅVINGAD.

As zonas de xogo adoitan estar en espazos compartidos, por iso, unha alfombra axudaravos a definir con claridade cal é a "verdadeira zona de xogo".

Deseñador

S Edholm/L Ullenius

Número de artigo805.283.66

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Lavar á man a 40 °C como máximo.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Aspira e rota a alfombra con regularidade.

Seguridade e conformidade

Este produto ten unha superficie de caucho termoplástico (TPE) que evita escorreduras. Para a función antiescorregante funcionar, é importante que as superficies do produto e o chan estean limpos e sen po.Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Medicións

  • superficie: 1.77 m²
  • lonxitude: 133 cm
  • Ancho: 133 cm

Embalaxe

BLÅVINGAD

Número de artigo805.283.66
  • Longo: 135 cm
  • Peso: 2.72 kg
  • Diámetro: 11 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.8Valoración media
41Opinións

Accesorios para BLÅVINGAD

Alfombra de temática océanica azul para nenos, chan branco, cama pequena. Materiais suaves e reciclados, axústase ao tamaño da habitación.

Mergúllate nun mundo de marabillas

Delfíns surfeiros, curiosas tartarugas e divertidos polbos. As profundidades do mar son como un mundo encantado que dispara a imaxinación. Foi precisamente o mar o que nos serviu de inspiración para crear a colección BLÅVINGAD. Mentres traballabamos no proxecto decatámonos de que eran moitas as nenas e os nenos os que se interesaban polos mares e os seus habitantes.

"As nenas e os nenos están concienciados e ben informados sobre o problema da contaminación dos mares e como isto afecta os animais que neles viven. Queren facer algo ao respecto e queren que nós, os adultos, tamén o fagamos", di a psicóloga infantil Dr. Barbie Clarke. Ela participa con frecuencia en "Kid's Advisory Panel", onde preguntamos a opinión dos máis pequenos sobre distintos temas.

Misterios debaixo da superficie

Pero que ten o mar para atraer e fascinar a tantas nenas e nenos de todo o mundo? Mesmo a nenas que viven a centos de quilómetros da costa... "O mar e os seus habitantes sempre foron parte dos mitos e historias que nos contaron", di Barbie. "É un mundo debaixo da superficie, algo misterioso e que desperta a imaxinación".

Descubrir o mundo

As historias, os xogos e as películas sobre a vida nas profundidades do mar danlles acceso a un mundo completamente distinto ó seu. "As nenas e nenos entre 3 e 6 anos son os que máis imaxinación teñen e cando medran o que queren é aprender e comprender todo o que rodea o mar", di Barbie. Barbie engade que cando os nenos son absorbidos por algo, isto pasa a ser máis ca un xogo, esquecen as súas preocupacións e comezan a explorar o mundo e ampliar os seus horizontes, a modo de balea azul xigante que sae a explorar o mar.

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"A humanidade depende de os mares estaren limpos e cheos de vida. Por iso é tan importante o que fixésemos coa colección BLÅVINGAD. Antes elixir os animais nos que focalizar a nosa atención, tivemos que estudar como son realmente. Usamos bosquexos para decidir o que podería funcionar, como motivos, peluches ou estampados. Agardamos que os produtos transmitan a sensación de estar dentro do mar e aviven a curiosidade por coñecer o que hai debaixo da superficie".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.