Saltar
Novidade

BLÅLJUS Alfombra

199€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

As alfombras BLÅLJUS están feitas á man por expertos artesáns e presentan un divertido deseño a cadros con tonalidades apagadas. A mestura de xute e la dálle un encanto rústico e transmite personalidade.

Número de artigo305.957.06

Detalles do produto

A alfombra foi tecida á man por artesáns expertos e dálle un toque persoal á estancia.

Perfecta para a poñer no teu salón ou debaixo da mesa do comedor, xa que a súa superficie lisa permitirache aspirala e mover as cadeiras sen esforzo.

Deseñador

Maria Vinka

Número de artigo305.957.06

Información útil

Recomendamos medir a superficie sobre a que vas colocar a alfombra antes de mercala.

Para esta alfombra necesitas 1 protección antiescorregante STOPP FILT (165x235 cm). De ser preciso podes acurtala.

Esta alfombra é ideal para un sofá de 2-3 prazas, pero se pode adaptar a sofás de outras medidas, segundo a coloques.

Esta alfombra é ideal baixo unha mesa para 4 comensais, pero se pode utilizar en calquera estancia da casa.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Para eliminar o cheiro a novo da alfombra, airéaa e pásalle a aspiradora.

Non se debe lavar á máquina.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Limpa a alfombra coa aspiradora, sacude e víraa con regularidade.

Manchas secas: elimínaas de xeito inmediato fretando con coidado cara o centro da mancha.

Manchas húmidas: non fretes. Absórbeas con papel de cociña; humedéceas cun pano e un limpador suave.

Limpeza profesional da alfombra cando sexa preciso.

Cando aspires a alfombra para limpala, emprega sempre o accesorio estándar para o chan, nunca o cepillo rotatorio.

Seguridade e conformidade

Para maior seguridade e confort, emprega o protector antiescorregante STOPP FILT; debe cubrir toda a superficie inferior da alfombra.

Medicións

  • lonxitude: 240 cm
  • Ancho: 170 cm
  • superficie: 4.08 m²
  • grosor: 5 mm

Embalaxe

BLÅLJUS

Número de artigo305.957.06
  • Longo: 173 cm
  • Peso: 6.31 kg
  • Diámetro: 14 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
3Opinións

Accesorios para BLÅLJUS

Form design process

Fabricado mediante a técnica de tecido en tear manual

Nos tecidos artesanais, os fíos horizontais (a trama) son entrelazados cos verticais (a urda) repetidamente ata completar a alfombra. En función da complexidade do deseño, facer unha alfombra seguindo esta técnica pode levar desde uns días até varias semanas. A diferenza doutras técnicas, como o tufting, esta técnica non produce unha superficie con pelo, mais unha superficie plana e uniforme. Esta técnica permite producir deseños e motivos elaborados e dá como resultado alfombras lixeiras e resistentes. Tamén son reversibles e fáciles de limpar, polo que son unha elección popular e práctica.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.