Saltar

BLÅHAJ Peluche, bebé tiburón, 55 cm

4,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Lavable á máquina

As crías de tiburóns aprenden rápido a seren independentes e a coidar de si. A túa pequena ou pequeno tardarán un pouco máis, pero con esta peluche sentiranse máis seguros para aprender cada día.

Número de artigo205.406.63

Detalles do produto

Os tiburóns poden nadar e mergullarse profundamente desde que nacen. Non sabemos se este tamén será quen de facelo, porén, cun pouco de valor, ben se pode bañar na lavadora.

A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.

O recheo deste peluche é de poliéster reciclado. Coidamos do medio ambiente e preocupámonos polo futuro tanto como ti e os teus fillos.

Queremos que os nosos peluches repartan amor durante moitos anos, e por iso facémolos con materiais agradables e ollos bordados, sometémolos a rigorosos test de lavado e asegurámonos de que non conteñen produtos químicos nocivos.

Podes lavar a peluche na lavadora a 40 °C, para así lucir sempre como nova.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo205.406.63

Información útil

Combina ben cos peluches BLÅHAJ grandes.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
NOTRANS
Recheo:
100 % poliéster - fibra oca (100 % reciclado)

Mantemento

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 12 meses.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • lonxitude: 55 cm

Embalaxe

BLÅHAJ

Número de artigo205.406.63
  • Ancho: 17 cm
  • Alto: 16 cm
  • Longo: 55 cm
  • Peso: 0.19 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.9Valoración media
903Opinións

As túas olladas

Ideas suxeridas por este produto

SostibilidadeAs persoas e o planeta

Enerxía e recursos

É posible encariñarse co plástico?

Queremos reducir a cantidade de material novo nos nosos peluches. Utilizar poliéster reciclado como recheo, e dar así nova vida ao plástico usado, é unha forma de facelo. Por iso embarcámonos nunha viaxe apaixonante coa nosa nova gama de peluches. O noso obxectivo é encher o maior número posible de peluches con poliéster reciclado, sen comprometer a seguridade nin a calidade.

Peluche de tiburón azul no estante con elementos de bonecas.

A historia dun ollo roto e os seus ensinos

A tenda IKEA de Helsinqui (Finlandia) estaba chea de clientes aquel día de 1997. Carina Ingelsten, tecnóloga téxtil de IKEA Infantil naquela época, impartiu un curso sobre seguridade a un grupo de compañeiros de IKEA. "Levantei un osiño de peluche e tirei das pernas e os brazos para mostrar o ben cosidos que estaban. Cando tirei do ollo de plástico, ocorreu algo que non debía: o ollo saíuse", conta Carina. Foi un gran contratempo para Children's IKEA, pero un contratempo que daría lugar a importantes melloras de seguridade.

Todos os peluches foron retirados da tenda mentres Carina tentaba chamar aos seus colegas en Suecia. "Era sábado, así que non foi tan fácil contactar coa xente, pero ao final Jörgen Svensson, o meu responsable en IKEA Infantil, respondeu e conseguimos deter as vendas mundiais dos nosos peluches".

Consecuencias principais

Jörgen lembra a chamada. O feito de que o ollo se saíse a pesar de todas as análises de riscos e comprobacións de seguridade foi moi grave. Con todo, en retrospectiva, segue vendo que conduciu a algo realmente bo. "Grazas ao ocorrido, aprendemos a sistematizar aínda máis o traballo de seguridade. Establecemos procedementos e áreas de responsabilidade máis claros".

Máis expresión persoal

O incidente tamén levou á decisión de non utilizar ollos de plástico. Os ollos bordados non só eran máis seguros, senón que tamén daban máis carácter e personalidade aos xoguetes. Annie Huldén, deseñadora que creou moitos peluches ao longo dos anos, está de acordo. "Os ollos son moi importantes para un peluche e os ollos de plástico facilmente parecen demasiado simétricos e rancios, mentres que os ollos bordados son máis fáciles de variar en canto ao deseño, o tamaño das pupilas e as pestanas". Os peluches de IKEA para nenos son adorados por nenos de todo o mundo. É un amigo querido co que xogar e atopar consolo, e do que os pais sempre poden sentirse seguros.

Máis información

Calidade

Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida

Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.

Funcionalidade

Peluches para abrazar unha e outra vez

Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.