Saltar

BÅTSKÄR Unidade adicional con andeis, exterior/gris escuro, 120x70 cm

70€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Crea a cociña de exterior dos teus soños! Con BÅTSKÄR é como se cociñases na túa cociña de casa, pero ó aire libre grazas á súa almacenaxe pechada, gonzos de peche suave e un deseño elegante. Convida a familiares e amizades a comer ó aire libre.

Número de artigo705.533.99

Detalles do produto

A cociña exterior BÅTSKÄR combina funcións prácticas e robustas dunha cociña profesional con liñas depuradas e detalles elegantes dunha cociña normal.

Este módulo adicional ofrece máis espazo de almacenaxe e mellora a funcionalidade da cociña de exteriores BÅTSKÄR. É ideal para utensilios de cociña, pratos, herbas frescas ou calquera cousa que queiras ter preto mentres cociñas.

Os estantes están perforados para evitar a acumulación de auga. Ideais para colocar herbas ou deixar os pratos secar.

Estás pensando en montar una cociña completa para exteriores? Pois bota unha ollada á serie BÅTSKÄR.

Deseñador

Lukas Bazle/Mikael Axelsson

Número de artigo705.533.99

Información útil

Recoméndase unicamente o uso no exterior.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Secar cun pano seco.

Para un acabado uniforme e brillante, limpa sempre as superficies de aceiro inoxidable en sentido lonxitudinal.

Limpar con un pano suave humedecido en auga e, se fose necesario, un limpador non abrasivo.

Non usar limpador en po, estropallo metálico nin ferramentas de punta ou afiadas porque poden raiar a superficie de aceiro inoxidable.

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

BÅTSKÄR Unidade adicional con andeis705.533.99

Medicións

  • fondo: 17 cm
  • Altura: 70 cm
  • Ancho: 120 cm

Embalaxe

BÅTSKÄR

Número de artigo705.533.99
  • Ancho: 18 cm
  • Alto: 13 cm
  • Longo: 122 cm
  • Peso: 7.86 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
5Opinións
Pequena e verde configuración de cociña ao aire libre BÅTSKÄR con estantes e grella de gas. Perfecto para cociñar e almacenar nun espazo exterior ordenado e organizado.

Leva fóra a cociña dos teus soños

Na cociña BÅTSKÄR poderás lavar, picar, fritir, grellar e remexer ó aire libre en compañía das túas convidadas e convidados. Claro, se se pon a chover terás que volver para dentro, pero a cociña non se resentirá. Xa nos preocupamos nós de que poida resistir a auga, o sol e o vento.

"É moita a xente que descubriu o agradable que resulta cociñar ó aire libre, aínda que, por outra parte, na súa opinión é difícil dar cunha solución práctica, resistente e bonita para exteriores. E con BÅTSKÄR quixemos solucionar esa cuestión", di Gunilla Hansson, deseñadora de produtos.

Todo o que necesitas dunha cociña

IKEA leva décadas deseñando cociñas e, agora, coa familia BÅTSKÄR levamos toda a nosa experiencia e coñecementos fóra, ó aire libre. Ofrece exactamente o mesmo ca unha cociña de interiores: é ampla, manexable, hixiénica, ten espazo abondo para todo e inclúe portas de peche retardado. Porén, é máis flexible e está totalmente adaptada ós espazos abertos. "BÅTSKÄR parece feita á medida, mais non te preocupes, non terás que contratar a ninguén para que cha instale. Ademais de que poderás poñerlle e quitarlle partes cando o necesites. Ou levar a cociña contigo se te mudas".

Un lugar para xuntarse

Para Gunilla e o resto do equipo foi importante levar o aspecto estético fóra. BÅTSKÄR ofrece liñas marcadas, un acabado cincento mate e asas e tiradores especialmente deseñados. "Non só queriamos ofrecer unha experiencia práctica e cómoda. A maiores, queriamos crear un lugar acolledor, con espazo para que toda a familia se puidese xuntar e desfrutar de novos sabores". Ademais, o aire libre, estar no xardín, axuda a relaxarnos e sentirnos máis en liberdade. E desa maneira, cociñar torna nunha tarefa máis pracenteira, mesmo os luns pola noite.

Máis información

Material

Que é o aceiro inoxidable?

O aceiro inoxidable é utilizado tanto en estruturas de edificios e coches, como tamén en vertedoiros e coitelos. É comprensible que teña tantas utilidades. O aceiro inoxidable é un material resistente e duradeiro, cunha excelente resistencia á corrosión, é dicir, ao óxido. Adoita conter baixas cantidades de níquel e en IKEA xeralmente empregamos aceiro inoxidable sen níquel. Como pasa con outros metais, é un material que se pode reciclar unha e outra vez para convertelo en produtos novos, sen que isto afecte as súas propiedades.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"BÅTSKÄR consiste en crear a cociña perfecta para exteriores, case como trasladar a túa cociña ó xardín ou ó patio. Quixemos que todos os seus detalles, materiais e funcións sexan da mellor calidade. A inspiración tomámola das cociñas de interior con superficies de traballo amplas e solucións intelixentes, porque desta maneira, cociñar, socializar e comer fóra será aínda máis fácil".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.