Sarah comezou estudando como se moven as persoas con limitacións físicas e cales son as súas necesidades. "É tranquilizador saber que hai algo onde podemos apoiarnos ou collernos coa man. Por iso creei un toalleiro e un estante de parede para o baño. Mais non só, porque os chanzos e as cadeiras de ducha tamén están aí para axudar. A cadeira de ducha é tamén un complemento distinguido: imaxina sentar comodamente aí e sentir constantemente como a auga quente vai baixando polo teu corpo.
BÄSINGEN Escadiña con pasamáns, antracita
Como conseguilo
A serie BÄSINGEN en gris escuro e de aspecto sinxelo foi deseñada para facilitar os labores do día a día. Esta banqueta con chazo e varanda lateral é ideal para saír da bañeira ou chegar a espazos altos.
Detalles do produto
A varanda lateral de fácil agarre facilita o transporte.
A varanda actúa como apoio cando subas ou baixes da banqueta. Tamén se pode utilizar para pendurar toallas.
A superficie antiescorregante alíase coas patas antiescorregantes para maior seguridade.
Sarah Fager
Información útil
Unicamente para uso doméstico.
Carga máx.: 100 kg.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Guía lateral/ Estrutura de escaleira:
- NOTRANS, NOTRANS
- Chanzo:
- NOTRANS
- Pé:
- Elastómero termoplástico
- Remache:
- NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Secar cun pano seco.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
BÄSINGEN Escadiña con pasamáns505.957.48Consellos e instrucións de coidado
BÄSINGEN Escadiña con pasamáns505.957.48Medicións
- fondo: 39 cm
- Altura: 90 cm
- Peso máximo: 100 kg
- Ancho: 48 cm
Embalaxe
BÄSINGEN
Número de artigo505.957.48- Ancho: 41 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 92 cm
- Peso: 4.53 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para BÄSINGEN

Un pouco de axuda que pode marcar a diferenza
Un pouco de axuda cando saes da ducha e queres coller algo da parte superior do armario, ou simplemente cando non acabaches de acordar a primeira hora da mañá. A nosa serie de produtos BÄSINGEN ofréceche a axuda que necesitas cando máis a necesitas. Deseñada para o baño, pero moi práctica para calquera estancia da casa.
A vida no fogar é un cambio constante e as necesidades mudan decontino. "Se cadra pasácheste un chisco no ximnasio e agora dóeche todo. Neses casos é posible que necesitemos axuda mesmo para as tarefas máis sinxelas. Como tomar unha ducha", di a deseñadora Sarah Fager.
Seguridade antes de todo
Produtos que se mimetizan coa casa
Os produtos foron creados para ocupar pouco espazo e presentar un aspecto minimalista enraizado na tradición escandinava. "Queriamos que se acoplasen ao teu estilo, independentemente de cal sexa, para que non tiveses que andar a poñelos e quitalos". Sarah agarda que esta serie marque a diferenza no día a día de moitas persoas. "Foi un dos meus proxectos máis esixentes, porque tiven que aprender sobre situacións que son novas para min. Pero precisamente por iso foi tamén un dos meus proxectos máis edificantes. Agardo que BÄSINGEN vos acompañe durante moito tempo. Talvez utilicedes estes produtos un pouco menos durante certos momentos da vida, pero sempre estarán aí, dispostos a botar unha man".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A serie BÄSINGEN inspírase e foi creada por persoas de todas as idades con necesidades cambiantes. Todos os produtos están pensados para facilitar as tarefas no baño e na cociña. Presenta un deseño sinxelo e único en gris escuro que realza os arredores cando necesitas que che boten unha man. Agardo que con estes produtos funcionais e resistentes che dean a independencia que buscas na casa".






