BARLAST Lámpada de pé, negro/branco, 150 cm
Tamén precisarás
Como conseguilo
Esta lámpada de chan de deseño depurado móntase nun airiño. E como a embalaxe é compacta, podemos meter varias no mesmo palé, o que é bo para o ambiente e nos permite baixarlle o prezo.
Detalles do produto
Emite unha luz atenuada ideal para iluminar zonas ben amplas.
A pantalla proporciona unha luz suave e sen resplandor, agradábel para os teus ollos.
Ola Wihlborg
Medicións
- Máx.: 13 W
- Altura: 150 cm
- diámetro do pé: 34 cm
- diámetro da pantalla: 30 cm
- lonxitude do cable: 100 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.


Un deseño enorme nun paquete pequeno
De cando en cando é necesario pensar fóra da famosa caixa para dar con algo innovador. Porén, cando deseñamos a lámpada BARLAST, decidimos que era mellor focalizarnos na propia caixa. O obxectivo era crear unha lámpada realmente boa a un prezo realmente bo e quixemos que o paquete fose o punto de partida das nosas pescudas. A partir de aí fomos dando pasos cara atrás, cara aos materiais e o deseño.
Cecilia Sondell Banke, unha das enxeñeiras que traballou na BARLAST, explica por que o paquete inflúe tanto no prezo: "O transporte representa a miúdo unha parte moi importante dos custos de produción. Ao empaquetarmos a lámpada de maneira eficiente evitamos o transporte por aire, o que nos permite reducir custos".
Bases en forma de cruz para mellorar a estabilidade
Cando colocas a lámpada montada ao lado do paquete, custa crer que algo dese tamaño collese alí dentro. Unha parte da explicación é a base con forma de cruz. "Decatámonos de que podiamos crear unha base en forma de cruz no canto dunha de forma redonda para, dese xeito, aforrar material e producir unha lámpada divisible. A cruz tamén representa un elemento de deseño único". A pantalla está feita de plástico que vén enrolado no paquete, como se fose un tubo. Cando a montas na base da lámpada, esta emite unha luz uniforme e fermosa.
Os prezos baixos fomentan a creatividade
Un prezo reducido non debería comprometer a calidade. Fixemos cálculos e puxémola a proba para verificar a estabilidade da BARLAST e para asegurar que cumpre con todos os requisitos legais. "A miúdo, os produtos cos prezos máis baixos son os que máis traballo dan. Todo o que os nosos especialistas necesitan ter á man desde o principio e todas as cousas que cómpre ter en conta, paso a paso, durante todo o proceso. Porén, tamén son proxectos moi creativos dos que aprendemos moito. E no tocante á BARLAST, resultou ser unha fermosa lámpada que chegará a vós nun paquete pequeno", conclúe Cecilia.
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.
Form design process
Gran deseño nun paquete pequeno
Pregúntaste como é que BARLAST pode coller nun paquete tan pequeno? A dúbida está xustificada. Unha parte da resposta está na base en forma de cruz, que permite dividila e así enrolar a pantalla como se fose un tubo. Reducir o tamaño e aforrar espazo facilita o transporte do produto, reducindo custes, o prezo e, de paso, tamén che permite levala a casa comodamente.