Saltar

ANTILOP Trona con bandexa, branco/gris prata

25,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Apilable

A trona ANTILOP é fácil de mover de sitio, polo que o teu fillo poderá comer sentado nunha cadeira segura e estable tanto na casa como fóra. Bo proveito!

Número de artigo290.672.93

Detalles do produto

Unha cadeira alta axuda ao teu fillo a sentar á mesma altura que os adultos e a desenvolver a súa capacidade para comer só e relacionarse cos demais.

Doada de desmontar e transportar.

Os bordos da bandexa sobresaen para que, no caso de que se derrame líquido, non caia ao chan.

Sabemos que os nenos teñen a pel moi sensible, pero non te preocupes. Este produto foi probado e non ten substancias daniñas para a pel ou a saúde dos pequenos.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo290.672.93

Información útil

Inclúe cinto de seguridade.

Recomendado para uso en interiores

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Pata cadeira alta
Pata:
NOTRANS, NOTRANS
Pé:
NOTRANS
Asento cadeira alta/ bandexa para sela de trona
NOTRANS

Mantemento

Pata cadeira alta/asento cadeira alta/bandexa para sela de trona

Limpar cunha suave solución xabonosa.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Após as pertinentes probas, esta cadeira é apta para uso doméstico e non doméstico e cumpre todos os requisitos de seguridade, durabilidade e estabilidade establecidos na norma EN 14988:2017+A2:2024.Produto deseñado para nenos capaces de sentar sen axuda, con 3 anos como máximo e que non pesen máis de 15 kg.

Medicións

  • Ancho: 56 cm
  • fondo: 62 cm
  • Altura: 90 cm
  • anchura do asento: 25 cm
  • Fondo do asento: 22 cm
  • altura do asento: 54 cm
  • Peso máximo: 15 kg

Embalaxe

Este produto ven en 3 paquete(s).

ANTILOP

Número de artigo802.799.46
  • Ancho: 11 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 85 cm
  • Peso: 1.66 kg
  • Paquete(s): 1

ANTILOP

Número de artigo702.799.42
  • Ancho: 37 cm
  • Alto: 36 cm
  • Longo: 40 cm
  • Peso: 1.24 kg
  • Paquete(s): 1

ANTILOP

Número de artigo400.760.93
  • Ancho: 42 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 42 cm
  • Peso: 0.66 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
673Opinións

Accesorios para ANTILOP

Pequena zona de comedor con cadeira alta ANTILOP, mesa, cadeiras, lámpada colgante, alfombra, estante e planta.

Deixa que os máis pequenos senten á mesa

Todos os nenos, crezan onde crezan, teñen necesidades similares os primeiros anos: por exemplo, probar alimentos novos e emocionantes e practicar as súas habilidades alimentarias. Unha boa forma de aprender é observar como o fan os demais. Estas ideas guiaron ao noso enxeñeiro John Forsén no desenvolvemento de ANTILOP, unha trona que permite aos nenos e aos seus pais pasar tempo xuntos ao redor da mesa. Polo camiño, John tamén aprendeu que unha forma de crear mobles alcanzables que simplifiquen a vida das persoas é facer as cousas de forma un pouco diferente.

Os produtos de IKEA adoitan desenvolverse mediante a colaboración entre un deseñador e un enxeñeiro: o deseñador fai os bosquexos e o enxeñeiro os planos de construción. Pero con ANTILOP, John pasou directamente a crear un modelo por computador. "Tiña unha idea de como debía ser o resultado final, así que empecei calculando onde debían estar as patas, e en que ángulo, para conseguir unha construción segura e estable", explica.

Unha construción intelixente permitiu baixar o prezo

Para conseguir un prezo baixo, facía falta unha construción sinxela. "Centreime no necesario. ANTILOP está optimizado para ser resistente e fácil de fabricar. O feito de usar plástico e aceiro, e moi pouco, permitiu o baixo prezo", di John. A súa construción tamén facilita levar a cadeira sempre que sexa a hora para comer fóra de casa. Ou ter unha cadeira extra esperando en casa dos avós cando os maiores saen a cear sós.

Un prezo baixo, pero non a calquera custo

Pero a definición dun bo moble vai máis aló dun prezo baixo. A calidade tamén ten que estar aí. E así é. Temos en conta as esixencias máis estritas de cada rexión e, mediante inspeccións periódicas de calidade e seguridade, asegurámonos de que ANTILOP estea á altura de todas elas. Se se introduce unha nova lei ou norma, volvemos probar a cadeira. En definitiva, ANTILOP demostra que facer as cousas de forma diferente á hora de crear bos mobles pode ser a maneira de facelo.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.