Saltar

ANTILOP Asento cadeira alta

10€
Completar coas patas ANTILOP, que se venden á parte.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Número de artigo702.799.42

Detalles do produto

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo702.799.42

Información útil

Completar coas patas ANTILOP, que se venden á parte.

Inclúe cinto de seguridade.

Pode completarse coa bandexa para trona ANTILOP.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS

Mantemento

Limpar cunha suave solución xabonosa.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Após as pertinentes probas, esta cadeira é apta para uso doméstico e non doméstico e cumpre todos os requisitos de seguridade, durabilidade e estabilidade establecidos na norma EN 14988:2017+A2:2024.Produto deseñado para nenos capaces de sentar sen axuda, con 3 anos como máximo e que non pesen máis de 15 kg.

Montaxe e documentos

Medicións

  • Ancho: 39 cm
  • fondo: 37 cm
  • Altura: 35 cm
  • anchura do asento: 25 cm
  • Fondo do asento: 22 cm
  • Peso máximo: 15 kg

Embalaxe

ANTILOP

Número de artigo702.799.42
  • Ancho: 37 cm
  • Alto: 36 cm
  • Longo: 40 cm
  • Peso: 1.24 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
32Opinións

Accesorios para ANTILOP

Deixa que os máis pequenos senten á mesa

Todos os nenos, crezan onde crezan, teñen necesidades similares os primeiros anos: por exemplo, probar alimentos novos e emocionantes e practicar as súas habilidades alimentarias. Unha boa forma de aprender é observar como o fan os demais. Estas ideas guiaron ao noso enxeñeiro John Forsén no desenvolvemento de ANTILOP, unha trona que permite aos nenos e aos seus pais pasar tempo xuntos ao redor da mesa. Polo camiño, John tamén aprendeu que unha forma de crear mobles alcanzables que simplifiquen a vida das persoas é facer as cousas de forma un pouco diferente.

Os produtos de IKEA adoitan desenvolverse mediante a colaboración entre un deseñador e un enxeñeiro: o deseñador fai os bosquexos e o enxeñeiro os planos de construción. Pero con ANTILOP, John pasou directamente a crear un modelo por computador. "Tiña unha idea de como debía ser o resultado final, así que empecei calculando onde debían estar as patas, e en que ángulo, para conseguir unha construción segura e estable", explica.

Unha construción intelixente permitiu baixar o prezo

Para conseguir un prezo baixo, facía falta unha construción sinxela. "Centreime no necesario. ANTILOP está optimizado para ser resistente e fácil de fabricar. O feito de usar plástico e aceiro, e moi pouco, permitiu o baixo prezo", di John. A súa construción tamén facilita levar a cadeira sempre que sexa a hora para comer fóra de casa. Ou ter unha cadeira extra esperando en casa dos avós cando os maiores saen a cear sós.

Un prezo baixo, pero non a calquera custo

Pero a definición dun bo moble vai máis aló dun prezo baixo. A calidade tamén ten que estar aí. E así é. Temos en conta as esixencias máis estritas de cada rexión e, mediante inspeccións periódicas de calidade e seguridade, asegurámonos de que ANTILOP estea á altura de todas elas. Se se introduce unha nova lei ou norma, volvemos probar a cadeira. En definitiva, ANTILOP demostra que facer as cousas de forma diferente á hora de crear bos mobles pode ser a maneira de facelo.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.