ÄNGSJÖN / ORRSJÖN Moble con caixións/lavabo/billa
Como conseguilo
10 ano de garantía
O moble de baño ÄNGSJÖN é moderno e sinxelo. A peza que necesitas para empezar ben os días. Este combo inclúe 2 caixóns amplos e ten espazo no lavabo para a pasta de dentes e o xabón.
Detalles do produto
Caixóns amplos, con capacidade suficiente para gardar todo o que necesitas. As canalizacións pasan por detrás, polo que non che quitarán espazo. Os caixóns ábrense completamente para que poidas acceder facilmente a todo o que gardas.
O acabado con efecto carballo transforma o espazo nun remanso de paz e tranquilidade. Unha aparencia contemporánea con asas integradas que minimiza os detalles innecesarios.
O lavabo dobre de cerámica, de formas suaves e superficies duradeiras, está feito cos mellores materiais para durar moitos anos.
Este armario instálase na parede. Transmite unha sensación de amplitude e permite limpar facilmente o chan de debaixo. Podes poñerlle patas se queres.
Combina este produto con outros armarios da serie ÄNGSJÖN e crea unha solución coordinada para o baño que se axuste ás túas necesidades e espazo dispoñible.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Información técnica
DALSKÄR
Billa lavabo, cromado
Número de artigo905.321.17Nome de marca | |
Tipo de tampa | |
Velocidade máxima de fluxo a 3 bar | |
Consumo anual de enerxía | |
Presión do servizo recomendada | |
Presión do servizo mínima | |
Presión estática máxima | |
Máx. grosor do mesado | |
Medida do buraco para a montaxe | |
Lonxitude dos tubos de conexión | |
Diámetro racor tubo | |
Temperatura da auga fría recomendada | |
Temperatura da auga quente recomendada | |
Temperatura máx. da auga quente | |
Inclúe filtro | |
Certificación de terceiros segundo os estándares locais |
Medicións
- Ancho: 82.3 cm
- fondo: 49.4 cm
- Altura: 69.2 cm
- Fronte do caixón, grosor: 16 mm
Opinións dos clientes
Máis baño, menos cuarto?
Os baños adoitan ter tubos específicos de auga e drenaxe cos que pode ser difícil planificar o traballo. Podemos axudarte.


Orde en perfecto equilibrio
Nun mundo tan intenso, rápido e con tantos estímulos, os mobles para baño ÄNGSJÖN tráenche algo completamente diferente. Co seu deseño minimalista, con esta serie poderás crear un oasis de paz e sosego sen saír da casa.
Liñas simples, superficies uniformes e dentro un espazo no que gardar todo o necesario para o baño. Ese é o ÄNGSJÖN. Un elegante moble para instalar na parede que transmite unha sensación de lixeireza, especialmente nas partes máis largas.
Unha asa cómoda de agarrar
Se lle das unha ollada máis ide preto ó ÄNGSJÖN descubrirás os pequenos detalles que fan a diferenza tanto na forma como na funcionalidade. A deseñadora Sarah Fager indica como a asa integrada dos armarios e caixóns transmite unha sensación de sosego. "A asa esténdese sobre toda a parte frontal do caixón e da porta do armario, polo que é máis fácil de coller. No caso do caixón a asa está virada para abaixo para evitar que se lle acumule po e sucidade". Sarah tamén deseñou ou lavabo BACKSJÖN, con liñas simples. Combina á perfección co ÄNGSJÖN. "Está feito de mármore esmagado, que pode ser lixeiramente máis fino e pulcro cá porcelana sen perder por iso a súa resistencia. Ademais de darlles unha aparencia máis lixeira, conseguimos reducir o peso dos lavabos en comparación cos modelos anteriores".
Máis estilo a partir das túas eleccións
Lavabo, mesado, espello... en función das túas escollas poderás ampliar o estilo minimalista na dirección que queiras. Por exemplo, a aparencia será totalmente distinta se elixes un ÄNGSJÖN cun acabado branco de alto brillo ou, pola contra en carballo intenso. Tamén podes complementar os armarios pechados e os caixóns con almacenaxe aberta HAGAÅN con acabado de madeira a xogo. "Cando por fin saibas que este é o interior minimalista que queres, verás que tes infinidade de combinacións que che axudarán a crear o baño dos teus soños".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Pedíronme que deseñase 3 series de baño novas cun aspecto distintivo e así foi como decidín que a serie ÄNGSJÖN debía ser a imaxe da perfección. As súas frontes alíñanse milimetricamente coa estrutura do armario e os tiradores integrados están pensados para crear unha expresión minimalista, libres de detalles innecesarios. Encántame que menos sexa máis e que o resultado teña unha carga contemporánea tan marcada. Aquí só encontrarás elegancia, tanto ten que busques algo cun acabado brillante ou con ese toque cálido que transmite a madeira".