Se lle das unha ollada máis ide preto ó ÄNGSJÖN descubrirás os pequenos detalles que fan a diferenza tanto na forma como na funcionalidade. A deseñadora Sarah Fager indica como a asa integrada dos armarios e caixóns transmite unha sensación de sosego. "A asa esténdese sobre toda a parte frontal do caixón e da porta do armario, polo que é máis fácil de coller. No caso do caixón a asa está virada para abaixo para evitar que se lle acumule po e sucidade". Sarah tamén deseñou ou lavabo BACKSJÖN, con liñas simples. Combina á perfección co ÄNGSJÖN. "Está feito de mármore esmagado, que pode ser lixeiramente máis fino e pulcro cá porcelana sen perder por iso a súa resistencia. Ademais de darlles unha aparencia máis lixeira, conseguimos reducir o peso dos lavabos en comparación cos modelos anteriores".
ÄNGSJÖN / BACKSJÖN Lavabo/vertedoiro/billas
Como conseguilo
10 ano de garantía
Todo o bo vén en parellas... Velaquí che traemos a simetría perfecta con esta parella de armarios, caixóns e lavabos. Agora as rutinas da mañá en parella adoptarán unha nova dimensión.
Detalles do produto
Unha combinación de 2 armarios con lavabo, cada un con un caixón e un mesado. A solución ideal para conservar a harmonía cando hai que compartir o espazo do baño entre varias persoas.
Segundo as túas necesidades e espazo, podes completar esta solución cun espello ou armario con espello que che guste da nosa gama. Véndense por separado.
O acabado con efecto carballo transforma o espazo nun remanso de paz e tranquilidade. Unha aparencia contemporánea con asas integradas que minimiza os detalles innecesarios.
O lavabo é de mármore moído, o que permite obter uns bordos ben definidos e unha superficie resistente ás rabuñaduras. Todo isto dálle un aspecto moderno.
Esta combinación débese montar na parede. Transmite unha sensación de amplitude e permite limpar facilmente o chan de debaixo.
Combina este produto con outros armarios da serie ÄNGSJÖN e crea unha solución coordinada para o baño que se axuste ás túas necesidades e espazo dispoñible.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Información útil
Inclúe: 2 armarios de lavabo con caixón, 1 mesado, 2 lavabos semiencastados, 1 sifón e 2 billas mesturadoras.
Se tes dúbidas sobre a instalación, contacta cun profesional. A instalación debe realizarse segundo a normativa local sobre construción e fontanaría.
É necesario usar silicona para efectuar a instalación. Non incluída.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Limpar cunha suave solución xabonosa.
As manchas de humidade deben secarse axiña para evitar que penetre a humidade.
Secar cun pano seco.
Non empregar produtos abrasivos, estropallo, obxectos afiados ou punzantes que poidan raiar a superficie do lavabo.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
ÄNGSJÖN Lavabo con caixón005.350.97ÄNGSJÖN Lavabo con caixón005.350.97TOLKEN Mesado805.062.13BACKSJÖN Pía semiencaixada405.451.22BACKSJÖN Pía semiencaixada405.451.22LUNDSKÄR Billa lavabo305.325.54LUNDSKÄR Billa lavabo305.325.54RÄNNILEN Sifón con tubo flexible, 2 pías105.624.34RÄNNILEN Sifón con tubo flexible, 2 pías105.624.34Información técnica
LUNDSKÄR
Billa lavabo, negro
Número de artigo305.325.54| Nome de marca | IKEA |
| Tipo de tampa | Billa para lavadoiro |
| Velocidade máxima de fluxo a 3 bar | 5,7 l/min |
| Consumo anual de enerxía | 382 kWh/p.a. |
| Presión do servizo recomendada | 1 - 5 bar (0,1 - 0,5 MPa) (14,5 - 72,5 psi) |
| Presión do servizo mínima | 0,5 bar (0,05MPa) (7,25 psi) |
| Presión estática máxima | 10 bar (1,0MPa) (145,0 psi) |
| Máx. grosor do mesado | 50 mm (2") |
| Medida do buraco para a montaxe | 34-37 mm (1 3/8-1 7/16") |
| Lonxitude dos tubos de conexión | 450 mm (17 3/4") |
| Diámetro racor tubo | G 3/8" (R10) |
| Boca xiratoria | 360 º |
| Temperatura da auga fría recomendada | 10-15˚C (50-59˚F) |
| Temperatura da auga quente recomendada | 60-65°C (140-150°F) |
| Temperatura máx. da auga quente | 80˚C (176˚F) |
| Inclúe filtro | Si |
| Certificación de terceiros segundo os estándares locais | ETA-Danmark, ACS, KIWA, PZH, SINTEF, BELGAQUA |
Medicións
- Ancho: 122.0 cm
- fondo: 49.0 cm
- Altura: 40.8 cm
- Fronte do caixón, grosor: 16 mm
Embalaxe
ÄNGSJÖN
Número de artigo005.350.97- Ancho: 48 cm
- Alto: 9 cm
- Longo: 67 cm
- Peso: 15.52 kg
- Paquete(s): 2
TOLKEN
Número de artigo805.062.13- Ancho: 50 cm
- Alto: 3 cm
- Longo: 137 cm
- Peso: 9.46 kg
- Paquete(s): 1
BACKSJÖN
Número de artigo405.451.22- Ancho: 47 cm
- Alto: 17 cm
- Longo: 60 cm
- Peso: 10.30 kg
- Paquete(s): 2
LUNDSKÄR
Número de artigo305.325.54- Ancho: 20 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 35 cm
- Peso: 1.63 kg
- Paquete(s): 2
RÄNNILEN
Número de artigo105.624.34- Ancho: 44 cm
- Alto: 10 cm
- Longo: 55 cm
- Peso: 0.82 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes

Orde en perfecto equilibrio
Nun mundo tan intenso, rápido e con tantos estímulos, os mobles para baño ÄNGSJÖN tráenche algo completamente diferente. Co seu deseño minimalista, con esta serie poderás crear un oasis de paz e sosego sen saír da casa.
Liñas simples, superficies uniformes e dentro un espazo no que gardar todo o necesario para o baño. Ese é o ÄNGSJÖN. Un elegante moble para instalar na parede que transmite unha sensación de lixeireza, especialmente nas partes máis largas.
Unha asa cómoda de agarrar
Máis estilo a partir das túas eleccións
Lavabo, mesado, espello... en función das túas escollas poderás ampliar o estilo minimalista na dirección que queiras. Por exemplo, a aparencia será totalmente distinta se elixes un ÄNGSJÖN cun acabado branco de alto brillo ou, pola contra en carballo intenso. Tamén podes complementar os armarios pechados e os caixóns con almacenaxe aberta HAGAÅN con acabado de madeira a xogo. "Cando por fin saibas que este é o interior minimalista que queres, verás que tes infinidade de combinacións que che axudarán a crear o baño dos teus soños".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Pedíronme que deseñase 3 series de baño novas cun aspecto distintivo e así foi como decidín que a serie ÄNGSJÖN debía ser a imaxe da perfección. As súas frontes alíñanse milimetricamente coa estrutura do armario e os tiradores integrados están pensados para crear unha expresión minimalista, libres de detalles innecesarios. Encántame que menos sexa máis e que o resultado teña unha carga contemporánea tan marcada. Aquí só encontrarás elegancia, tanto ten que busques algo cun acabado brillante ou con ese toque cálido que transmite a madeira".












