Saltar

ÄNGSHUMLA Xoguetes para o baño 4 unidades

6,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Esta encantadora balea e os seus tres pequenos amigos converterán a hora do baño nunha festa. Podes botar ou disparar auga con eles, a que pequeno non lle gusta iso? E ademais son fáciles de desmontar e limpar.

Número de artigo105.822.67

Detalles do produto

Estas fermosas figuriñas teñen cadansúa personalidade e función e axiña tornarán nas súas mellores compañeiras na hora do baño.

As partes superiores son suaves e na parte inferior teñen distintos números de buratos polos que a auga sae a presión.

As figuriñas son fáciles de desmontar e limpar. Non teñen recunchos de difícil acceso onde a sucidade poida quedar atrapada. Abrir, lavar, enxaugar, secar e... pronto!

Amiguiños acuáticos, seguros e resistentes, que vos acompañarán nas vosas futuras aventuras na auga!

Estas figuriñas axudaranlles a activar os seus sentidos e a comprender a relación entre causa e efecto, ademais de practicar a coordinación man-ollo.

Deseñador

Henrik Johansson

Número de artigo105.822.67

Información útil

Inclúe: 1 balea, 1 cangrexo, 1 tartaruga e 1 peixe.

Podes acompañar este conxunto cos nosos accesorios de baño para nenos.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Estrutura/ Anel:
NOTRANS
Partes brandas:
Elastómero termoplástico
Reixa:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)

Mantemento

Limpar cunha suave solución xabonosa.

Seguridade e conformidade

Recomendado para bebés a partir de 6 meses.Este produto leva marcado CE.

Medicións

Embalaxe

ÄNGSHUMLA

Número de artigo105.822.67
  • Ancho: 15 cm
  • Alto: 9 cm
  • Longo: 24 cm
  • Peso: 0.23 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
56Opinións

Funcionalidade

Fai que a hora do baño sexa unha hora de diversión

Os xoguetes axeitados axudan a mellorar as habilidades dos e das máis pequenas e fan que a hora do baño sexa un momento divertido. As cores e as texturas estimulan os sentidos e exercitan as súas habilidades motoras cada vez que collen un obxecto ou interactúan coa auga. Tamén serve para aprenderen sobre a relación causa-efecto. Explorar de maneira creativa en compañía dunha persoa adulta acende a faísca da imaxinación e tamén fortalece os vínculos paternofiliais. A partir de agora esta será unha nova rutina coa que compartiredes horas de gargalladas e momentos de alborozo.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Que xoguen coa auga é unha forma estupenda de os e as nenas familiarizárense con ela dunha maneira segura. Batuxar, zarrapicar e bategar fan que a hora do baño sexa máis algareira. Os xoguetes para o baño ÄNGSHUMLA están feitos para crear emocionantes mundos imaxinarios, polo que era importante poder xogar con eles de diferentes maneiras. Todos collen na balea, que ten un burato no cerro, onde poderás gardar o resto dos teus amiguiños e pendurala ata o próximo baño".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.