Non hai nada máis reconfortante que ver un bebé durmir, co seu corpo e respiración relaxada. O moisés ÄLSKVÄRD inclúe un tecido transparente que che permite ver o teu pequecho desde a túa propia cama. O tecido permite o aire circular para maior comodidade para o bebé". "Ademais o moisés ten rodas, para que o poidas mover ó teu gusto. As rodas inclúen un dispositivo que as bloquea para maior seguridade".
ÄLSKVÄRD Saba axustable berce
Como conseguilo
- Algodón
Grazas á serie ÄLSKVÄRD xa podes crear un dormitorio de estilo escandinavo para o teu bebé. Esta saba con elásticos adáptase ó colchón dos berces e xuntos crean unha zona segura e cómoda para durmir.
Detalles do produto
Feita de algodón 100 %, un material natural moi agradable ao tacto que gaña suavidade con cada lavado. Non contén substancias, ftalatos, nin produtos químicos daniños para a pel ou a saúde dos pequenos.
Unha saba axustable permite facer mellor a cama porque é máis fácil suxeitar a saba ao colchón, e é máis segura para o teu fillo porque os elásticos a manteñen firme.
A goma mantén a saba no seu sitio para que o teu fillo durma cómodo e seguro.
A saba axustábel é duradeira e de fácil mantemento, só tes que lavala a 60 °C e tendela para que seque. Non é preciso pasarlle o ferro porque queda perfecta unha vez posta no colchón.
Sara Ödman
Información útil
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Encolle un 6% como máximo.
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.
Seguridade e conformidade
Medicións
- Ancho: 41 cm
- lonxitude: 75 cm
- Unidades: 2 pack
Embalaxe
ÄLSKVÄRD
Número de artigo305.264.02- Ancho: 13 cm
- Alto: 1 cm
- Longo: 28 cm
- Peso: 0.19 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes

Abre espazo para o novo membro da familia
A chegada dun novo membro á familia pode resultar unha migalla angustiante, mais non por iso menos marabillosa. Vivirás novos avances e sorpresas cada día, desde os primeiros sorrisos ata as primeiras palabras. Creamos a familia ÄLSKVÄRD, que inclúe moisés, berce e mesa de cambio, para que a túa nova cotiandade sexa máis segura, cómoda e flexible.
"Todas as crianzas son distintas", di Sarah Fager, deseñadora da familia ÄLSKVÄRD. "Pero unha das cousas que a maioría das nais e dos pais queren é crear unha rutina de sono. Porque un bebé ben durmido é un bebé feliz... e nais e pais tamén descansados e felices".
Un lugar seguro e cómodo onde durmir
Deseño suave e mol
Saberás que chega a hora de usar un berce ÄLSKVÄRD cando os voso fillo ou filla sexa capaz de sentar, axeonllarse ou erguerse pola súa conta. Ó igual có moisés e a mesa de cambiar, está feito de madeira curvada, con formas suaves e redondeadas. "Normalmente as nais e os pais buscan rodear os seus bebés de formas suaves e acolledoras", di Sarah. "A claridade da madeira confírelle á familia ÄLSKVÄRD un aspecto escandinavo atemporal, perfecto se lles queres ceder estes mobles a outros familiares ou amigos".




