Saltar

ÄLSKVÄRD Conxunto mobles bebé 2 pezas, bidueiro/branco, 60x120 cm

498€
O colchón e a roupa de cama véndense á parte.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Un dos lados do berce pódese retirar cando o teu fillo comece a entrar e saír del só.

Número de artigo795.161.33

Detalles do produto

O teu fillo pode durmir seguro mesmo despois de quitar un lateral do berce, xa que vén cunha varanda.

O cambiador ten a altura perfecta para cambiarlle o cueiro ó teu bebé.

O cambiador inclúe unha práctica almacenaxe de doado acceso, que che permite manter sempre unha man sobre o teu bebé.

Unha vez superada a idade dos cueiros, poderás aproveitar o taboleiro da mesa para crear unha cómoda para a túa filla ou fillo.

Os caixóns espazosos abren sen problemas e pechan con suavidade e sen facer ruído.

Número de artigo795.161.33

Información útil

O grosor do colchón non debe exceder os 12 cm.

Recomendamos completar o berce cun colchón IKEA.

O colchón e a roupa de cama véndense á parte.

Os distintos materiais de parede requiren distintos tipos de ferraxes. Os parafusos que se inclúen poden empregarse en paredes de cachotaría, cemento ou xeso. Sigue as instrucións relativas ás paredes do teu fogar.

Nas instrucións de montaxe que se inclúen podes encontrar indicacións para transformar o cambiador nunha cómoda.

Inclúese un kit de conversión.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Cambiador/cómoda
Pata:
Multichapa de madeira encolada, NOTRANS, NOTRANS
Material de recheo:
NOTRANS, NOTRANS
Guía inferior/ Guía frontal:
NOTRANS, NOTRANS
Taboleiro superior/ Barreira de seguridade/ Fronte de caixón/ Listón de apoio:
NOTRANS, NOTRANS
Andel:
NOTRANS, NOTRANS
Panel posterior/ Guía de caixón:
NOTRANS, NOTRANS
Berce
Compoñentes principais:
Multichapa de madeira encolada, NOTRANS, NOTRANS
Recheo de cabeceira:
NOTRANS, NOTRANS
Parte inferior:
NOTRANS, NOTRANS
Barrotes/ Lateral:
NOTRANS, NOTRANS
Estrutura de somier:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Guía de cama:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Tea:
NOTRANS

Mantemento

Berce

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

ATENCIÓN! RISCO DE ENVORCO. Os mobles sen fixar poden envorcar. Este moble débese fixar á parede co dispositivo antienvorcadura que se inclúe, para evitar que envorque.Pola seguridade do teu fillo, usa un berce e un colchón do mesmo tamaño.Nunca deixes ao teu fillo sen vixilancia no cambiador.Para evitar que envorque, recomendamos ancorar a mesa cambiadora á parede coa ferraxe de seguridade que se inclúe.Para evitar calquera risco de caída, a base do berce debe situarse ao nivel máis baixo cando o teu fillo poida sentar só.Non deixes nada no berce. Non o coloques preto de obxectos, mobles nin de ningún outro elemento que poida servir de punto de apoio.Non colgues ganchos nin tiradores no berce. Non instales o berce preto de cordas, cintos, cortinas nin calquera obxecto que presente un risco de asfixia ou estrangulamento.Recomendamos que empregues un cambiador con medidas axeitadas á mesa cambiador e de 2 cm de grosor como máximo. Coloca o cambiador no medio da superficie da mesa.Recomendado para bebés a partir de 0 anos.O berce cumpre coa normativa europea EN 716-1.

Medicións

  • anchura de cama: 60 cm
  • longo de cama: 120 cm

Embalaxe

Este produto ven en 4 paquete(s).

ÄLSKVÄRD

Número de artigo804.666.79
Este produto ten varios vultos
  • Ancho: 56 cm
  • Alto: 10 cm
  • Longo: 111 cm
  • Peso: 28.37 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 56 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 109 cm
  • Peso: 27.09 kg
  • Paquete(s): 1

ÄLSKVÄRD

Número de artigo503.148.09
Este produto ten varios vultos
  • Ancho: 66 cm
  • Alto: 10 cm
  • Longo: 95 cm
  • Peso: 12.00 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 71 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 123 cm
  • Peso: 12.60 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
7Opinións
Gardería moderna con paredes rosas, berce branco, mesa de cambio, estantes e móbil. Decoración suave e invitante.

Abre espazo para o novo membro da familia

A chegada dun novo membro á familia pode resultar unha migalla angustiante, mais non por iso menos marabillosa. Vivirás novos avances e sorpresas cada día, desde os primeiros sorrisos ata as primeiras palabras. Creamos a familia ÄLSKVÄRD, que inclúe moisés, berce e mesa de cambio, para que a túa nova cotiandade sexa máis segura, cómoda e flexible.

"Todas as crianzas son distintas", di Sarah Fager, deseñadora da familia ÄLSKVÄRD. "Pero unha das cousas que a maioría das nais e dos pais queren é crear unha rutina de sono. Porque un bebé ben durmido é un bebé feliz... e nais e pais tamén descansados e felices".

Un lugar seguro e cómodo onde durmir

Non hai nada máis reconfortante que ver un bebé durmir, co seu corpo e respiración relaxada. O moisés ÄLSKVÄRD inclúe un tecido transparente que che permite ver o teu pequecho desde a túa propia cama. O tecido permite o aire circular para maior comodidade para o bebé". "Ademais o moisés ten rodas, para que o poidas mover ó teu gusto. As rodas inclúen un dispositivo que as bloquea para maior seguridade".

Deseño suave e mol

Saberás que chega a hora de usar un berce ÄLSKVÄRD cando os voso fillo ou filla sexa capaz de sentar, axeonllarse ou erguerse pola súa conta. Ó igual có moisés e a mesa de cambiar, está feito de madeira curvada, con formas suaves e redondeadas. "Normalmente as nais e os pais buscan rodear os seus bebés de formas suaves e acolledoras", di Sarah. "A claridade da madeira confírelle á familia ÄLSKVÄRD un aspecto escandinavo atemporal, perfecto se lles queres ceder estes mobles a outros familiares ou amigos".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.