Non hai nada máis reconfortante que ver un bebé durmir, co seu corpo e respiración relaxada. O moisés ÄLSKVÄRD inclúe un tecido transparente que che permite ver o teu pequecho desde a túa propia cama. O tecido permite o aire circular para maior comodidade para o bebé". "Ademais o moisés ten rodas, para que o poidas mover ó teu gusto. As rodas inclúen un dispositivo que as bloquea para maior seguridade".
ÄLSKVÄRD Colchón para berce, 40x73x3.5 cm
Tamén precisarás
Como conseguilo
- Grosor: 3.5 cm
Agora coa serie ÄLSKVÄRD poderás crear un dormitorio infantil de estilo escandinavo. Este colchón adáptase perfectamente ao berce e é fundamental para crear un lugar cómodo e seguro onde a túa filla ou fillo poida durmir pracidamente.
Detalles do produto
O colchón adáptase perfectamente aos berces ÄLSKVÄRD e ten unha funda fácil de retirar e lavar.
Sarah Fager
Información útil
A roupa de cama véndese á parte.
Completar cunha saba de abaixo ÄLSKVÄRD, que se axusta á perfección ó colchón.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Cutín:
- NOTRANS, NOTRANS
- Cutín:
- NOTRANS, NOTRANS
- Recheo:
- NOTRANS
Mantemento
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 110 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
ÄLSKVÄRD Colchón para berce405.154.22ÄLSKVÄRD Colchón para berce405.154.22Medicións
- Ancho: 40 cm
- lonxitude: 73 cm
- grosor: 3.5 cm
Embalaxe
ÄLSKVÄRD
Número de artigo405.154.22- Ancho: 49 cm
- Alto: 3 cm
- Longo: 80 cm
- Peso: 0.48 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para ÄLSKVÄRD

Abre espazo para o novo membro da familia
A chegada dun novo membro á familia pode resultar unha migalla angustiante, mais non por iso menos marabillosa. Vivirás novos avances e sorpresas cada día, desde os primeiros sorrisos ata as primeiras palabras. Creamos a familia ÄLSKVÄRD, que inclúe moisés, berce e mesa de cambio, para que a túa nova cotiandade sexa máis segura, cómoda e flexible.
"Todas as crianzas son distintas", di Sarah Fager, deseñadora da familia ÄLSKVÄRD. "Pero unha das cousas que a maioría das nais e dos pais queren é crear unha rutina de sono. Porque un bebé ben durmido é un bebé feliz... e nais e pais tamén descansados e felices".
Un lugar seguro e cómodo onde durmir
Deseño suave e mol
Saberás que chega a hora de usar un berce ÄLSKVÄRD cando os voso fillo ou filla sexa capaz de sentar, axeonllarse ou erguerse pola súa conta. Ó igual có moisés e a mesa de cambiar, está feito de madeira curvada, con formas suaves e redondeadas. "Normalmente as nais e os pais buscan rodear os seus bebés de formas suaves e acolledoras", di Sarah. "A claridade da madeira confírelle á familia ÄLSKVÄRD un aspecto escandinavo atemporal, perfecto se lles queres ceder estes mobles a outros familiares ou amigos".




