Como conseguilo
Esta tea precortada será a base das túas novas creacións. Ben se ve que o deseño é de temática forestal, como igual de ben se ve o alce que anda por alí ao seu aire.
Detalles do produto
Un anaco de tea é como unha folla en branco, está chea de posibilidades. Deixa voar a túa imaxinación. Ningunha creación é demasiado pequena e ningunha idea é demasiado grande.
Este tecido versátil é ideal para cortinas, traballos manuais, enfeites e outros proxectos de costura.
Coser con tea precortada é unha excelente forma de crear algo único e persoal, sexa isto un agasallo ou algo para ti ou o teu fogar.
Utiliza esta tea para parchear os teus pantalóns favoritos, crear figuras fantásticas ou facer un mandil de 15 petos.
Unha tea de 150 cm de largura por 300 cm de lonxitude feita de algodón reciclado que se pode lavar á máquina e pasar a ferro.
N Aalto/E Hagman/P Laine
Medicións
- superficie: 4.50 m²
- lonxitude: 300 cm
- Peso: 230 g/m²
- Ancho: 150 cm