Saltar

AFTONSPARV Lámpada mesa, foguete/multicolor

24,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

O teu propio foguete! O soño de todo astronauta feito realidade! Este inclúe 7 cores distintas, así o teu fillo poderá escoller a que máis lle guste ou deixar que a lámpada LED cambie de cor automaticamente.

Número de artigo005.552.26

Detalles do produto

A túa nena ou neno pode decidir a cor ou deixar que as 7 cores diferentes vaian cambiando automaticamente.

Se queres transformar o dormitorio das e dos máis pequenos nun fantástico universo, podes combinar esta lámpada cos artigos téxtiles e peluches da colección AFTONSPARV.

Creado coa axuda de nenas e nenos en sesións divertidas onde expresan as súas ideas e o que pensan. As súas opinións inflúen nas nosas decisións e fan que os nosos produtos sexan mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Coas lámpadas, os xoguetes e os artigos téxtiles da colección AFTONSPARV inspirados no espazo, queremos estimular a curiosidade das e dos máis pequenos.

Deseñador

Marta Krupińska

Número de artigo005.552.26

Información útil

Iluminación de LED integrada.

A fonte de luz ten unha vida útil de 25 000 horas aprox. Isto corresponde a uns 20 anos coa lámpada acendida 3 h ao día.

Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.

O cable e o adaptador de corrente están incluídos.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tapón/ Pantalla/ Base/ Botóns/ Pata:
NOTRANS
Escuadro/ Soporte de montaxe:
NOTRANS
Lente óptica:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Os cables representan un risco de asfixia. Nunca coloques un produto con cables ao alcance dos nenos no berce ou no curraliño.Este produto de iluminación é de baixo voltaxe, non ten bordos afiados, partes pequenas, superficies quentes, aberturas nin ganchos.Este produto leva marcado CE.

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

AFTONSPARV Lámpada mesa005.552.26

Información técnica

AFTONSPARV

Lámpada mesa, foguete/multicolor

Número de artigo005.552.26
Driver incluídoSi
Identificador do modelo do driverICPSW24-3-3
Máxima potencia de saída do driver3 W
Medidas do driver55 x 44 x 25 mm
Peso do driver41 g
Tipo de fonte luminosa do driverLED
Eficiencia do driver con carga plena81 %
Consumo eléctrico sen carga (Pno) do driver0.05 W
Consumo enerxético en modo espera de rede (Pnet) do driverN/A Nome
Consumo enerxético en modo espera (Psb) do driverN/A Nome
Driver apto como regulador de fontes de luzNon

Medicións

  • diámetro do pé: 15.1 cm
  • lonxitude do cable: 2.0 m
  • Altura: 30.7 cm
  • efecto: 2.3 W
  • Tempo de vida estimado: 25000 hr

Embalaxe

AFTONSPARV

Número de artigo005.552.26
  • Ancho: 11 cm
  • Alto: 11 cm
  • Longo: 30 cm
  • Peso: 0.55 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.4Valoración media
149Opinións

O espazo é infinito, como a imaxinación

Grazas á colección AFTONSPARV as nenas e nenos teñen acceso ó parque infantil máis grande xamais concibido. Espazo. Un mundo emocionante, místico e inspirador que desperta a creatividade.

Seguramente ti tamén o fixeches na túa infancia, o de quedar ollando para o ceo infinito, pensando no que habería alí, entre todas aquelas estrelas e planetas. É unha situación que todas e todos nós vivimos nalgún momento, como lles pasou ás nenas e nenos de 3 a 7 anos que participaron nun dos nosos obradoiros, antes de empezarmos a traballar na AFTONSPARV. "O certo é que foi unha sorpresa constatar canto sabían sobre o sistema solar e o espazo", di a deseñadora Marta Krupińska. "Porén, aínda non coñecemos todos os segredos que agocha o espazo, por iso son segredos e, por iso tamén, é un lugar co que todo o mundo fantasea".

Un foguete espacial propulsado pola imaxinación

As ideas e comentarios interesantes das e dos máis pequenos foron o punto de partida de Marta cando deseñou AFTONSPARV. Unha colección a xogo para despertar a súa imaxinación e que inclúe amigos espaciais, tecidos e lámpadas... e mesmo cun foguete de cartón! "Con espazo abondo para todas e todos e, o mellor de todo, só necesitarán da imaxinación para viaxar a lugares afastados e descoñecidos. Disque mesmo hai planetas habitados por extraterrestres. "Falan moito dos extraterrestres e do seu aspecto. A maioría das veces din que son divertidos".

Durmir ollando os planetas

Finalmente o foguete chega de volta á Terra e con el vai sendo hora de ir para a cama. Así e todo, as aventuras poden continuar cun conto e mentres dormen. Porque cando se apaguen as luces, o planeta da cortina AFTONSPARV iluminarase. Que é iso? Talvez unha nave espacial na que viaxan unha morea de amiguiños verdes. Ou unha estrela fugaz para pedir un desexo...

Máis información

Form design process

Creado coa axuda de nenos

As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Cando é hora de deseñar para as e os máis pequenos, deixo que a miña nena interior tome a iniciativa. Así que subín a un foguete espacial imaxinario co meu equipo de deseño e voamos cara a novas aventuras. Antes da viaxe, coñecemos nenas e nenos moi entusiastas que nos contaron todo o que poderiamos encontrar entre as estrelas e aseguráronnos que os extraterrestres son criaturas amables. Agardo que os descubrimentos que trouxemos para a Terra vaian acompañados da imaxinación sen límite das e dos nenos e de amplos coñecementos sobre o espazo".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.