Saltar

AFTONSPARV Funda nórdica e funda almofada

29,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Número de fíos: 164 /inch²

Cando a túa ou o teu pequeno astronauta volva das súas aventuras no espazo, a aterraxe debe de ser cómoda e segura. Con esta funda nórdica, a túa filla ou fillo poderán descansar no seu propio universo e recuperar folgos antes da seguinte misión.

Número de artigo205.540.37

Detalles do produto

O teu fillo durmirá ben toda a noite grazas ao tecido de algodón e lyocell, que absorbe e disipa a humidade para axudar ao seu corpo a manter unha temperatura uniforme e agradable.

A cremalleira impide que o edredón se mova.

As cremalleiras dos produtos para nenos non levan tirador e, polo tanto, son seguras para os pequenos pero doadas de abrir para os adultos.

Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.

O extraterrestre e os 3 animais con traxe espacial do estampado desta capa de edredón están dispoñibles tamén como peluches na colección AFTONSPARV.

Se queres transformar o dormitorio das e dos máis pequenos nun fantástico universo, podes combinar este coxín cos artigos téxtiles e peluches da colección AFTONSPARV.

Creado coa axuda de nenas e nenos en sesións divertidas onde expresan as súas ideas e o que pensan. As súas opinións inflúen nas nosas decisións e fan que os nosos produtos sexan mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Coas lámpadas, os xoguetes e os artigos téxtiles da colección AFTONSPARV inspirados no espazo, queremos estimular a curiosidade das e dos máis pequenos.

Deseñador

Marta Krupińska

Número de artigo205.540.37

Información útil

Inclúe: 1 funda nórdica (150x200 cm) e 1 funda de almofada (50x60 cm).

Número de fíos: 164.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.

Lavar xunto con prendas de cor similar.

Darlle a volta do revés á tapizaría e pechar as cremalleiras antes do lavado.

Non empregar lixivia.

Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).

Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.

Non limpar en seco.

Lava este produto antes de usalo por primeira vez.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Medicións

  • longo da funda de almofada: 50 cm
  • anchura da funda de almofada: 60 cm
  • Lonx. funda nórdica: 200 cm
  • Anch. funda nórdica: 150 cm
  • Número de fíos:: 164 /inch²

Embalaxe

AFTONSPARV

Número de artigo205.540.37
  • Ancho: 19 cm
  • Alto: 4 cm
  • Longo: 28 cm
  • Peso: 1.00 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
38Opinións
Roupa de cama infantil de temática cósmica: pido azul AFTONSPARV, xoguetes de peluche, estante de parede con libros, cartel de robots.

O espazo é infinito, como a imaxinación

Grazas á colección AFTONSPARV as nenas e nenos teñen acceso ó parque infantil máis grande xamais concibido. Espazo. Un mundo emocionante, místico e inspirador que desperta a creatividade.

Seguramente ti tamén o fixeches na túa infancia, o de quedar ollando para o ceo infinito, pensando no que habería alí, entre todas aquelas estrelas e planetas. É unha situación que todas e todos nós vivimos nalgún momento, como lles pasou ás nenas e nenos de 3 a 7 anos que participaron nun dos nosos obradoiros, antes de empezarmos a traballar na AFTONSPARV. "O certo é que foi unha sorpresa constatar canto sabían sobre o sistema solar e o espazo", di a deseñadora Marta Krupińska. "Porén, aínda non coñecemos todos os segredos que agocha o espazo, por iso son segredos e, por iso tamén, é un lugar co que todo o mundo fantasea".

Un foguete espacial propulsado pola imaxinación

As ideas e comentarios interesantes das e dos máis pequenos foron o punto de partida de Marta cando deseñou AFTONSPARV. Unha colección a xogo para despertar a súa imaxinación e que inclúe amigos espaciais, tecidos e lámpadas... e mesmo cun foguete de cartón! "Con espazo abondo para todas e todos e, o mellor de todo, só necesitarán da imaxinación para viaxar a lugares afastados e descoñecidos. Disque mesmo hai planetas habitados por extraterrestres. "Falan moito dos extraterrestres e do seu aspecto. A maioría das veces din que son divertidos".

Durmir ollando os planetas

Finalmente o foguete chega de volta á Terra e con el vai sendo hora de ir para a cama. Así e todo, as aventuras poden continuar cun conto e mentres dormen. Porque cando se apaguen as luces, o planeta da cortina AFTONSPARV iluminarase. Que é iso? Talvez unha nave espacial na que viaxan unha morea de amiguiños verdes. Ou unha estrela fugaz para pedir un desexo...

Máis información

Form design process

Creado coa axuda de nenos

As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Cando é hora de deseñar para as e os máis pequenos, deixo que a miña nena interior tome a iniciativa. Así que subín a un foguete espacial imaxinario co meu equipo de deseño e voamos cara a novas aventuras. Antes da viaxe, coñecemos nenas e nenos moi entusiastas que nos contaron todo o que poderiamos encontrar entre as estrelas e aseguráronnos que os extraterrestres son criaturas amables. Agardo que os descubrimentos que trouxemos para a Terra vaian acompañados da imaxinación sen límite das e dos nenos e de amplos coñecementos sobre o espazo".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.