AFTONSPARV Funda nórdica e funda almofada
Como conseguilo
- Número de fíos: 152 /inch²
Esta capa de edredón branca de algodón e viscosa cun estampado de planetas, lúas e estrelas ten unha misión: facer da cama das e dos máis pequenos un lugar dobremente acolledor. Un soño para as e os pequenos astronautas.
Detalles do produto
A mestura de algodón e viscosa absorbe e elimina a humidade, o que axuda a que o corpo manteña unha temperatura cómoda e uniforme. Deste xeito, o teu fillo durmirá ben durante toda a noite.
A cremalleira impide que o edredón se mova.
As cremalleiras dos produtos para nenos non levan tirador e, polo tanto, son seguras para os pequenos pero doadas de abrir para os adultos.
Se queres transformar o dormitorio das e dos máis pequenos nun fantástico universo, podes combinar este coxín cos artigos téxtiles e peluches da colección AFTONSPARV.
O planeta Terra do estampado desta capa de edredón están dispoñible tamén como peluche na colección AFTONSPARV.
Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.
Creado coa axuda de nenas e nenos en sesións divertidas onde expresan as súas ideas e o que pensan. As súas opinións inflúen nas nosas decisións e fan que os nosos produtos sexan mellores. A fin de contas eles son os expertos!
Coas lámpadas, os xoguetes e os artigos téxtiles da colección AFTONSPARV inspirados no espazo, queremos estimular a curiosidade das e dos máis pequenos.
Marta Krupińska
Medicións
- longo da funda de almofada: 50 cm
- anchura da funda de almofada: 60 cm
- Lonx. funda nórdica: 200 cm
- Anch. funda nórdica: 150 cm
- Número de fíos:: 152 /inch²
Opinións dos clientes

O espazo é infinito, como a imaxinación
Grazas á colección AFTONSPARV as nenas e nenos teñen acceso ó parque infantil máis grande xamais concibido. Espazo. Un mundo emocionante, místico e inspirador que desperta a creatividade.
Seguramente ti tamén o fixeches na túa infancia, o de quedar ollando para o ceo infinito, pensando no que habería alí, entre todas aquelas estrelas e planetas. É unha situación que todas e todos nós vivimos nalgún momento, como lles pasou ás nenas e nenos de 3 a 7 anos que participaron nun dos nosos obradoiros, antes de empezarmos a traballar na AFTONSPARV. "O certo é que foi unha sorpresa constatar canto sabían sobre o sistema solar e o espazo", di a deseñadora Marta Krupińska. "Porén, aínda non coñecemos todos os segredos que agocha o espazo, por iso son segredos e, por iso tamén, é un lugar co que todo o mundo fantasea".
Un foguete espacial propulsado pola imaxinación
As ideas e comentarios interesantes das e dos máis pequenos foron o punto de partida de Marta cando deseñou AFTONSPARV. Unha colección a xogo para despertar a súa imaxinación e que inclúe amigos espaciais, tecidos e lámpadas... e mesmo cun foguete de cartón! "Con espazo abondo para todas e todos e, o mellor de todo, só necesitarán da imaxinación para viaxar a lugares afastados e descoñecidos. Disque mesmo hai planetas habitados por extraterrestres. "Falan moito dos extraterrestres e do seu aspecto. A maioría das veces din que son divertidos".
Durmir ollando os planetas
Finalmente o foguete chega de volta á Terra e con el vai sendo hora de ir para a cama. Así e todo, as aventuras poden continuar cun conto e mentres dormen. Porque cando se apaguen as luces, o planeta da cortina AFTONSPARV iluminarase. Que é iso? Talvez unha nave espacial na que viaxan unha morea de amiguiños verdes. Ou unha estrela fugaz para pedir un desexo...
Form design process
Creado coa axuda de nenos
As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando é hora de deseñar para as e os máis pequenos, deixo que a miña nena interior tome a iniciativa. Así que subín a un foguete espacial imaxinario co meu equipo de deseño e voamos cara a novas aventuras. Antes da viaxe, coñecemos nenas e nenos moi entusiastas que nos contaron todo o que poderiamos encontrar entre as estrelas e aseguráronnos que os extraterrestres son criaturas amables. Agardo que os descubrimentos que trouxemos para a Terra vaian acompañados da imaxinación sen límite das e dos nenos e de amplos coñecementos sobre o espazo".