Saltar

AFTONSPARV Cortinas con abrazadeiras, 1 par

Prezo anterior 24,99€
16,99€
32% de desconto, aforra 8€
Outlet
Prezo válido 22.10.25 - 31.08.26 ou ata fin de existencias.

Complétao con

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Regulábel

O estampado destas cortinas brilla na escuridade. Este incrible efecto levará á túa nena ou neno ata o espazo e soñar con todas as cousas tan especiais que pode descubrir no universo.

Número de artigo605.610.31

Detalles do produto

É doado axustar o longo da cortina coa cinta para bastas que se inclúe e se pega co ferro.

Grazas ás táboas da parte superior, podes colgar as cortinas facilmente na barra.

Abrazadeiras con velcro. Abre e pecha con facilidade.

O estampado destas cortinas comezará a brillar cando chega a noite.

As e os máis pequenos ficarán máis tranquilos cando lles deas as boas noites e botes as cortinas.

Fácil de limpar, lavable á máquina en auga quente (30 °C)

Se queres transformar o dormitorio das e dos máis pequenos nun fantástico universo, podes combinar este coxín cos artigos téxtiles e peluches da colección AFTONSPARV.

Creado coa axuda de nenas e nenos en sesións divertidas onde expresan as súas ideas e o que pensan. As súas opinións inflúen nas nosas decisións e fan que os nosos produtos sexan mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Coas lámpadas, os xoguetes e os artigos téxtiles da colección AFTONSPARV inspirados no espazo, queremos estimular a curiosidade das e dos máis pequenos.

Deseñador

Marta Krupińska

Número de artigo605.610.31

Información útil

Posibilidade de completar cunha vara de cortina para penduralas con total seguridade e comodidade.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar á maquina a 30 ºC coma máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Pasar o ferro a 150º C como máximo.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Montaxe e documentos

Medicións

  • lonxitude: 300 cm
  • Ancho: 120 cm
  • superficie: 3.60 m²

Embalaxe

AFTONSPARV

Número de artigo605.610.31
  • Ancho: 19 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 28 cm
  • Peso: 1.06 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4Valoración media
20Opinións
AFTONSPARV Cortinas con abrazadeiras, 1 par

O espazo é infinito, como a imaxinación

Grazas á colección AFTONSPARV as nenas e nenos teñen acceso ó parque infantil máis grande xamais concibido. Espazo. Un mundo emocionante, místico e inspirador que desperta a creatividade.

Seguramente ti tamén o fixeches na túa infancia, o de quedar ollando para o ceo infinito, pensando no que habería alí, entre todas aquelas estrelas e planetas. É unha situación que todas e todos nós vivimos nalgún momento, como lles pasou ás nenas e nenos de 3 a 7 anos que participaron nun dos nosos obradoiros, antes de empezarmos a traballar na AFTONSPARV. "O certo é que foi unha sorpresa constatar canto sabían sobre o sistema solar e o espazo", di a deseñadora Marta Krupińska. "Porén, aínda non coñecemos todos os segredos que agocha o espazo, por iso son segredos e, por iso tamén, é un lugar co que todo o mundo fantasea".

Un foguete espacial propulsado pola imaxinación

As ideas e comentarios interesantes das e dos máis pequenos foron o punto de partida de Marta cando deseñou AFTONSPARV. Unha colección a xogo para despertar a súa imaxinación e que inclúe amigos espaciais, tecidos e lámpadas... e mesmo cun foguete de cartón! "Con espazo abondo para todas e todos e, o mellor de todo, só necesitarán da imaxinación para viaxar a lugares afastados e descoñecidos. Disque mesmo hai planetas habitados por extraterrestres. "Falan moito dos extraterrestres e do seu aspecto. A maioría das veces din que son divertidos".

Durmir ollando os planetas

Finalmente o foguete chega de volta á Terra e con el vai sendo hora de ir para a cama. Así e todo, as aventuras poden continuar cun conto e mentres dormen. Porque cando se apaguen as luces, o planeta da cortina AFTONSPARV iluminarase. Que é iso? Talvez unha nave espacial na que viaxan unha morea de amiguiños verdes. Ou unha estrela fugaz para pedir un desexo...

Máis información

Funcionalidade

O tecido reduce o paso de luz

O tecido atenúa a cantidade de luz que entra na estancia e reduce os reflexos. Crea unha agradable sensación de privacidade, xa que non deixan ver desde fóra o que hai dentro. Pola noite, cando a estancia está iluminada, é posible percibir as formas e siluetas do interior desde fóra.

Form design process

Creado coa axuda de nenos

As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Cando é hora de deseñar para as e os máis pequenos, deixo que a miña nena interior tome a iniciativa. Así que subín a un foguete espacial imaxinario co meu equipo de deseño e voamos cara a novas aventuras. Antes da viaxe, coñecemos nenas e nenos moi entusiastas que nos contaron todo o que poderiamos encontrar entre as estrelas e aseguráronnos que os extraterrestres son criaturas amables. Agardo que os descubrimentos que trouxemos para a Terra vaian acompañados da imaxinación sen límite das e dos nenos e de amplos coñecementos sobre o espazo".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.