Saltar
Novidade

AFTONHAJ Xerra, ac inox, 1.0 l

7,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Xerra moderna e minimalista na que o aceiro brillante se combina cun acabado texturizado. Deseñada para bebidas frías e para deixala sobre a mesa. Parte da serie de aceiro inoxidable AFTONHAJ.

Número de artigo906.202.13

Detalles do produto

Xerra elegante de aceiro para auga e bebidas frías. É tan atemporal que, esquecida na mesa, queda estupendamente.

Liñas limpas e contrastes ben pensados nun deseño minimalista que deixa o material falar por si mesmo. A superficie puída atrae a luz, mentres que o acabado engade textura.

O pescozo da botella ten unha forma que che permite collela e servir con total facilidade.

Produto de aceiro inoxidable, resistente e fácil de limpar.

Interésache o estilo? A compaña perfecta para outros produtos da mesma serie.

Deseñador

Lukas Bazle

Número de artigo906.202.13

Información útil

Lava este produto antes de empregalo por primeira vez.

Os materiais deste produto son reciclables. Consulta a normativa do teu concello en materia de reciclaxe e infórmate de se hai algún punto limpo na túa comarca.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Aceiro inoxidable

Mantemento

Apto para lavalouzas.

Medicións

  • diámetro: 9 cm
  • Altura: 23 cm
  • volume: 1.0 l

Embalaxe

AFTONHAJ

Número de artigo906.202.13
  • Longo: 23 cm
  • Peso: 0.32 kg
  • Diámetro: 9 cm
  • Paquete(s): 1

Accesorios para AFTONHAJ

Produtos relacionados

Recomendado para ti

A idea tras o produto

A idea tras o produto

O aceiro inoxidable pode ser moldeado e tratado de distintas maneiras e AFTONHAJ foi unha opción estupenda para pór a proba algunhas ideas. Quería crear un aspecto clásico cun toque moderno. Todas as pezas teñen unha superficie mate na parte superior que se vai transformando gradualmente nun acabado brillante cara abaixo. O efecto espello, canda un elegante degradado cara abaixo, fai que os produtos case floten sobre a mesa. E o acabado mate tamén é práctico, xa que disimula as pegadas dos dedos.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de