Unha nova versión dos deseños vintage na colección Nytillverkad
A colección Nytillverkad recupera unha coidada selección de artigos favoritos do noso arquivo e ofrece unha versión actualizada para satisfacer as necesidades e expectativas dunha nova xeración. Nytillverkad volve cun novo deseño con cores alegres e materiais innovadores, e representa o noso concepto de deseño baseado na sinxeleza, a funcionalidade e un chisco de ledicia.


- Páxina de información do produto
Será o laranxa o novo verde?
Esta cadeira de brazos, que se coñecía como MILA e que deseñou Gillis Lundgren, regresou hai un ano como a cadeira de brazos xiratoria DYVLINGE en verde e negro, e a acollida foi incrible. Agora, presentamos unha actualización cunha elección de cor nova e rechamante.
Coñece a deseñadora Anna Efverlund
Anna Efverlund é a deseñadora dos vasos KÄLLARHALS, así como do estampado da roupa de cama, as fundas de coxín e a tea precortada de 3 metros KLIPPBRÄCKA. Foi deseñadora de IKEA entre 1980 e 2014, e grazas a ela temos cousas como o coxín en forma de corazón FAMNIG ou a zona de xogos SMÅLAND. E, para quen non saiba o que facer coa tea precortada, ela suxire coser un cómodo caftán.


Sabemos que fixemos as cousas ben cando introducimos de novo un deseño brillante e, mesmo así, somos quen de melloralo un pouco.”
Rickard "Rille" JonssonInnovation Engineer, IKEA of Sweden