Saltar

Nova tendencia de decoración primavera-verán 2020

O verán é unha época idónea para relaxarse e recargar as pilas, polo que renovar a casa non é unha idea do máis apetecible. Porén, engadir un chisco de cor e textura daralle ao teu fogar un aspecto totalmente novo. Pedímoslle á deseñadora de interiores de IKEA Elin Stierna que compartise connosco os seus consellos de decoración para esta época do ano.

1. Mestura diferentes materiais

Gústame engadir unha morea de texturas ás formas e estampados naturais. Nestes intres, sinto debilidade polos tecidos de cores e os materiais naturais, como o bambú e a rafia. Estes días podes conseguir teas que, ademais de ser bonitas, presenten varios beneficios adicionais, como a gama IKEA de fundas de edredón e almofada con refrixeración para axudarte a durmir comodamente nas calorosas noites de verán.

2. Xoga co rosa

Este verán, aposto polo rosa. Gústanme todas as tonalidades, suaves e apagadas ou brillantes como o fucsia. O rosa sempre me enche de felicidade e enerxía.

Na pasarela de verán houbo moitos tons intensos, como o azafrán, así como tons verdes e rosas. A Cor do Ano 2020 de Pantone, o azul clásico, tamén está de moda.

Elin StiernaDeseñadora de interiores de IKEA

3. Engade toques de cor atrevidos

Gústame comezar con tons neutrais, como o gris, o branco e o negro. Despois, engado toques de cor para contrastar e modernizar o aspecto da estancia. Na pasarela de verán houbo moitos tons intensos, como o azafrán (máis dourado que a cor mostaza), así como tons verdes e rosas. A Cor do Ano 2020 de Pantone, o azul clásico, tamén está de moda.

4. Atrévete a mesturar os estampados

Sempre que uses unha base neutral, non hai espazo para erros! Un bo consello é intentar que todos os estampados teñan algo en común. Por exemplo, este verán gústame incluír estampados alegres, todos eles con toques de cores atrevidas.

5. Renova con accesorios a moi bo prezo

Para facer unha rápida renovación de verán, eu escollería unhas bonitas cortinas de tons estivais e lámpadas que funcionen con enerxía solar para o xardín ou o balcón. Nada é máis típico do verán que as noites no exterior, cos amigos e a familia.