Saltar

Goza do "truco ou trato" no teu fogar

É hora de invocar o teu espírito decorativo e preparar o teu fogar para un Samaín tan divertido como aterrador. A nova colección KUSTFYR ten todo o necesario para darlles a benvida aos zombis, as momias, os esqueletos e outros monstros.

Unha mesa escura con cadeiras auxiliares KUSTFYR, varios doces, un cunco KUSTFYR con tampa con forma de pantasma e algunhas candeas acesas.

Reparte lamberetadas entre os pequenos monstros

Prepárate para recibir os pequerrechos na túa porta: as bolsas de papel KUSTFYR farán sorrir ata ás criaturas máis trastes. E cando todos os pequerrechos estean durmindo por fin, será o momento de que os pais e as nais gocen dun pequeno capricho en segredo.

Velaquí a colección KUSTFYR
Un neno dorme nun sofá mentres abraza un peluche KUSTFYR. Unha muller arróupao e quita as súas zapatillas da alfombra.
Varias bolsas de papel KUSTFYR con debuxos de pantasmas e arañas sobre unha mesiña negra nun recibidor, á beira dun cunco cheo de lamberetadas.
Velaquí a colección KUSTFYR

Converte o teu fogar nunha casa encantada

Coa nova colección KUSTFYR poderás conxurar unha grea de criaturas arrepiantes nun pestanexo. Adornos colgantes de pantasmas e arañas, lámpadas con forma de cabaza, grilandas de luces espectrais, pratos que dan calafríos... Este Samaín, o teu fogar terá un aspecto inquietante!

Velaquí a colección KUSTFYR
Nunha mesa negra hai varios pratos de sobremesa KUSTFYR con decoración temática de Samaín, xunto con lamberetadas e adornos.
Varios adornos colgantes KUSTFYR, un con forma de pantasma e dous con forma de araña, colocados nun cuarto branco.
Velaquí a colección KUSTFYR

Varias lámpadas colgantes KUSTFYR con forma de cabazas talladas penduradas diante dunha fiestra, á beira dunha cortina.
Unha grilanda de luces KUSTFYR, con varias pantasmas pequenas, enroscada arredor dun adorno negro e colocada sobre uns libros.
Gústanme as formas sinxelas con pequenos detalles, que non teñen por que ser minimalistas, e creo que as persoas amantes dos gatos van perder a cabeza con esta candea. O que non teño claro é que cheguen a prendela. Seguro que a usan para decorar un estante.
Marta KrupińskaDeseñadora
Unha candea sen perfume KUSTFYR e unha campá de vidro KUSTFYR, ambas as dúas con forma de gato, sobre unha mesa negra á beira dun cunco.

Unha pantasma comeu todas as lamberetadas

Cal é o verdadeiro pesadelo de Samaín? Quedar sen caramelos! Acouga: este cunco con forma de pantasma protexerá as túas lamberetadas para que as teñas sempre á man. Combínao co resto dos adornos KUSTFYR para lograr unha decoración arrepiante que sacará un sorriso ás túas visitas e fará que non deixen de mirar cara atrás do medo.

Velaquí a colección KUSTFYR
Nun cunco KUSTFYR con tampa entran varios bombóns. Un último bombón consegue escapar da pantalla.
Unha campá decorativa KUSTFYR de vidro con forma de gato sobre unha mesa á beira dun cunco KUSTFYR con tampa en forma de pantasma.
Velaquí a colección KUSTFYR

Unha grilanda de luces KUSTFYR con varias cabazas pequenas talladas enriba dun armario branco con portas de vidro.
Un candeeiro KUSTFYR con forma de araña sobre unha mesa negra á beira duns pratos de sobremesa KUSTFYR.

Enforna delicias para lamber os dedos

Este Samaín, sorprende os teus convidados e convidadas, e a quen pida doces, con delicias caseiras que sexan á vez saborosas e aterradoras. A colección KUSTFYR inclúe cortapastas e moldes para enfornar que converterán as galletas e madalenas en doces tan aterradores como divertidos.

Velaquí todos os accesorios de repostaría
Sobre unha mesa negra hai diferentes cortapastas KUSTFYR á beira dunhas galletas decoradas con motivos de Samaín.
Uns moldes KUSTFYR decorados con pantasmas e arañas sobre unha mesa á beira dunha madalena, galletas e un cunco de cristal.
Velaquí todos os accesorios de repostaría