Saltar

Fai que o teu fogar sexa o maior agasallo

Á época máis máxica do ano está a piques de chegar e é o momento de xuntarse cos nosos seres queridos. As coleccións VINTERFINT, STRÅLA e VINTERSAGA axudaranche a crear a decoración perfecta e a gozar de momentos inesquecibles. 

Unha árbore de Nadal decorada con divertidos enfeites VINTERFINT con forma de rosca pendurados das pólas.

A túa árbore. A túa elección.

Atrévete con diferentes bólas e enfeites. Xoga con diferentes temáticas e estilos. Dende árbores artificiais até pequenas plantas en testos: ti decides como decorar os teus espazos. Descubre os enfeites para árbore VINTERFINT e as grilandas luminosas LED STRÅLA.

Velaquí todas as árbores, testos e plantas de Nadal
Unha árbore de Nadal no curruncho dun cuarto, a carón dunha fiestra, decorada con enfeites VINTERFINT prateados e dourados.
Unha árbore de Nadal pequena nun testo, decorada con enfeites VINTERFINT vermellos e dourados, sobre un aparador.
Unha árbore de Nadal pequena nun testo, decorada con simpáticos enfeites VINTERFINT e colocada sobre un banco con agasallos.
Unha árbore de Nadal decorada con divertidos enfeites VINTERFINT con forma de rosca pendurados das pólas.
Unha árbore de Nadal decorada con enfeites VINTERFINT con forma de caramelos xigantescos e lazos e bólas vermellas.
Velaquí todas as árbores, testos e plantas de Nadal

Leva o Nadal a outro nivel

Celebra o espírito do Nadal e rememora a emoción destes días dende unha perspectiva infantil. Esta vez, colaboramos coa deseñadora Evelina Kroon para anovar o estilo de Nadal tradicional con estampados atrevidos e pezas de gran tamaño ateigadas de carisma.

Un coxín VINTERFINT con forma de caramelo e cun deseño atrevido, deseñado por Evelina Kroon, sobre un sofá con outros coxíns festivos.
Un pequeno agasallo dentro dun cunco, sobre unha mesa decorada, envolto con papel de agasallo VINTERFINT vermello, cun deseño de flocos de neve.
Tres calcetíns VINTERFINT cun deseño atrevido de cadros vermellos e verdes pendurados dun colgadoiro.
Agasallos de Nadal envoltos en papel de agasallo VINTERFINT cun deseño a cadros verdes e vermellos.
Enfeites VINTERFINT para árbores de Nadal cun deseño atrevido a cadros decoran as pólas dunha árbore de Nadal.

Un ambiente relaxado e un acubillo invernal acolledor

Cómpreche un descanso do balbordo destes días? Cos enfeites VINTERFINT e o brillo da iluminación STRÅLA, o teu fogar converterase nun pequeno e tranquilo acubillo de inverno. Súmalle a iso chocolate quente, galletas de xenxibre e unhas panxoliñas para ter todo o necesario.

Enfeites VINTERFINT e iluminación STRÅLA sobre unha mesa con decoración festiva en tons brancos e prateados.
Unha acolledora mesa de Nadal con enfeites VINTERFINT, candeas acesas e pequenos agasallos envoltos dentro de cuncas.
Unha sala de estar acolledora con fiestras altas e decoración de Nadal, con enfeites VINTERFINT e iluminación STRÅLA.
Tres fundas de coxín VINTERFINT a raias sobre un sofá, nunha sala de estar con decoración de Nadal.
Un pano de mesa de papel VINTERFINT a cadros vermellos e brancos, dobrado de maneira decorativa dentro dun cunco, sobre unha mesa con decoración de Nadal.

Envolve o caos en tenrura

No medio das compras de última hora e as luces feitas unha lea, polo menos os teus agasallos lucirán inmellorables. Consigue o papel, as bolsas e as etiquetas que fan a maxia posible.

Atrévete a celebrar ao teu xeito

VINTERFINT e STRÅLA, de Gustaf Westman, demóstrannos que os momentos de celebración non teñen por que seguir un padrón establecido. Formas atrevidas, liñas curvas e cores brillantes converterán cada reunión nunha xolda.

Unha divertida mesa de Nadal con pratos VINTERFINT, cuncas con pratiños e candeas, todo deseñado por Gustaf Westman.
A dark green VINTERFINT pillar candle holder
Unha lámpada rosa LED STRÅLA sobre un aparador branco e a carón dun feixe de revistas.
Unha ringleira de albóndegas nunha bandexa VINTERFINT azul, sobre unha mesa posta para unha ocasión festiva.
Dous candeeiros VINTERFINT en azul con candeas acesas dentro, ambos sobre unha mesa.

Non é Nadal... se non pasamos momentos en compañía na cociña

Estamos na época de crear lembranzas inesquecibles en familia. En compañía, podemos preparar galletas, madalenas ou o famoso pan de xenxibre da avoa, ou simplemente organizar unha sesión de cociña conxunta cos e coas máis pequenas do fogar.

Unha cativa utiliza un cortapastas VINTERFINT para facer galletas con formas divertidas a partir dunha masa de pan de xenxibre esmagada.
Unha cativa leva un pucho de cociña infantil VINTERFINT vermello mentres está sentada nunha mesa de comedor e lle dá forma á masa coas mans.
Unha persoa con mandil verte unha mestura para torta en moldes individuais VINTERFINT sobre unha táboa de cortar, enriba dunha mesa.
Unha persoa con mandil esparexe azucre glas sobre as madalenas, nun molde para madalenas.
Unha cativa e un adulto están de pé, no medio da cociña, e levan mandís VINTERFINT a xogo dun deseño divertido.

Máis ideas e consellos de Nadal