Saltar

Deixa que o espírito do Nadal inunde o teu fogar decorándoo ao teu xeito

O Nadal está a caer. É o momento de deixar que o espírito festivo inunde os nosos corazóns e os nosos fogares. Coñece os novos artigos que engadimos á colección VINTERFINT e á serie STRÅLA de iluminación de Nadal, son perfectos para darlle un toque persoal e festivo ao teu fogar.

Un cativo envolve un agasallo con papel de agasallo VINTERFINT mentres a súa nai e a súa irmá adornan unha árbore coas bólas VINTERFINT.
Un cativo envolve un agasallo con papel de agasallo VINTERFINT mentres a súa nai e a súa irmá adornan unha árbore coas bólas VINTERFINT.

Que árbore tan feitiña!

Independentemente de cal sexa o teu estilo, unha árbore decorada con bólas de cores, adornos e luces sempre lle dá un toque máxico á habitación.

Velaquí toda a decoración VINTERFINT
Unha árbore de Nadal decorada con bólas VINTERFINT, unhas figuras tradicionais e unha grilanda de luces LED STRÅLA.
Velaquí toda a decoración VINTERFINT

Unha árbore diferente

Buscas un xeito diferente de decorar o teu fogar no Nadal? Decora cos teus adornos favoritos e ao teu xeito esta árbore de Nadal de madeira e metal.

Velaquí toda a decoración de Nadal
Un adorno con forma de árbore VINTERFINT decorado con cítricos deshidratados; o adorno atópase enriba dunha mesa cun mantel VINTERFINT verde.
Velaquí toda a decoración de Nadal

Un xeito divertido de contar os días que quedan

Agocha sorpresas nun calendario de advento VINTERFINT para compartir momentos especiais e para que o Nadal sexa máis divertido para todos.

Velaquí toda a decoración de Nadal
Dous cativos sentados no chan xogando cun calendario de advento VINTERFINT mentres os mira a súa nai.
Velaquí toda a decoración de Nadal

Luz por todas partes

Hai unha maneira mellor de iluminar unha habitación que cunha lámpada con forma de estrela? Quedará xenial e é moi doada de colgar. É unha maneira moi sinxela de capturar toda a maxia e ledicia desta marabillosa época do ano.

Velaquí todas as lámpadas de Nadal
Unha lámpada con forma de estrela STRÅLA e adornos VINTERFINT pendurados nunha fiestra. Ao redor da fiestra hai unha grilanda de luces LED STRÅLA.
Velaquí todas as lámpadas de Nadal