
Colección limitada FREKVENS
A festa definitiva na túa casa
Sen música non hai festa, verdade? A música é un dos compoñentes culturais máis poderosos e unificadores que hai na sociedade. Une as persoas e amplifica as emocións. A vida no fogar adoita xirar en torno á música, e precisamente por iso son moitas as persoas que soñan con ter un bo son en todos os cuartos da casa. Isto inspirou a colección limitada chamada FREKVENS.
Devecemos por presentarlle FREKVENS ás persoas de todo o mundo. É unha colección divertida que se pode adaptar para cubrir todas as túas necesidades. É moi bonita e ten un son incrible, polo que é sen dúbida a razón perfecta para montar unha festa".”
Michael Nikolic, director de deseño creativo de IKEA of Sweden
Sabemos que a música une a xente. O eixo central da colección FREKVENS son a luz e o son, pero que máis necesitas para montar unha gran festa? Esta serie tamén ofrece outras cousas, como fundas para coxíns que repelen a agua e vaixelas modulares e amontoables que son perfectas para a comida. Ten todo o que necesitas para argallar unha boa festa en calquera lugar.