Cestas sostibles feitas con agarimo
Fai un espazo acolledor coas cestas TJILLEVIPS. Estas cestas están feitas á man a partir de seis tipos de fibras vexetais diferentes: bambú, ratán, algas, plátano, chopo e xute. Foron elaboradas por expertos artesáns, polo que cada peza é única e presenta diferenzas de cor e expresión.


Pero o mellor das cestas TJILLEVIPS é que crean postos de traballo para expertos artesáns. Están feitas con fibras vexetais de plantas de rápido crecemento, polo que son unha opción sostible. Resumindo: ofrécenche un xeito sinxelo e responsable (comprometido tanto coas persoas como co ambiente) de organizares a túa casa, decorala e achegarlle un chisquiño de natureza.