Saltar

MÄVINN: combinación de deseño e emprendemento social

Máis bonita canto máis te achegas. A colección MÄVINN consta de moito máis que adornos. Bota unha ollada desde cerca e déixate sorprender pola artesanía tradicional en materiais innovadores. E o que é aínda máis importante: con cada produto MÄVINN, dás unha oportunidade aos que máis a precisan.

Unha persoa cun chal rosa de pé diante dunha parede branca avellada. Está sorrindo e suxeitando un adorno de parede MÄVINN.

Codia de bananeira e outros materiais naturais

Na colección MÄVINN, tentamos usar materiais naturais, renovables e biodegradables, como a codia de bananeira, sempre a que a produción o permita. Creamos produtos novos, bonitos e duradeiros con materiais que, de outro modo, acabarían no lixo.

Plantas de bananeira con plátanos amarelos e flores de bananeira rosas en ringleiras.
Dúas pantallas de lámpada MÄVINN, feitas de fibras de bananeira, penduradas do teito á beira dunha escaleira nun cuarto de aspecto industrial.
Unha mostra a medio rematar do adorno de parede MÄVINN sobre unha morea de fibras secas de codia de bananeira.
Xogo de 2 adornos de parede MÄVINN e un nobelo de fío de algodón negro sobre unha morea de codias de bananeira en beixe.
Un par de mantas MÄVINN en rosa e laranxa nunha cesta MÄVINN feita de fibras de bananeira con pequenos pompóns nas asas.

É máis que unha colección. É un movemento.

En IKEA, cremos que o traballo digno é unha boa forma de saír da pobreza. Xunto coas empresas sociais coas que colaboramos, deseñamos a colección MÄVINN, na que participan persoas artesás de Bangladés, India, Indonesia, Xordania e Tailandia. Con cada produto MÄVINN, fomentas unha sociedade máis inclusiva ao tempo que adquires mobles artesanais únicos, feitos desde o corazón.

Velaquí máis produtos novos
Dúas mans de persoas con diferentes cores de pel formando un corazón diante de varias moreas de adornos de parede MÄVINN.
Varias cestas da colección MÄVINN feitas de materiais naturais colocadas nunha escaleira e un chan de formigón.
Velaquí máis produtos novos
As mulleres que traballan con nós aumentaron os ingresos das súas familias en case un 60 %. Isto deulles ás súas familias novas oportunidades e maior influencia na toma de decisións familiares.
Sreejith NedumpullyManaging Director, ROPE (Colaborador social IKEA)
Dúas persoas vestidas de rosa están a trenzar a man unha decoración de parede MÄVINN. Están sorríndose unha á outra.

Moito máis que adornos de parede

A forma e o rechamante estilo xeométrico do xogo de adornos de parede MÄVINN fan que sexa ideal para paredes e mesas. Ademais de estar feito á man con fibras de codia de bananeira flexibles e fíos de algodón negro, proporciona un emprego seguro e estable para mulleres de zonas rurais de India.

Velaquí todos os adornos de parede
Un vídeo que amosa o adorno de parede MÄVINN e as persoas artesás que o crean en colaboración coa empresa social ROPE en India.
Cinco adornos de parede MÄVINN pendurados nunha parede gris. Diante, hai dous adornos de parede usados, como cuncos de froita.
Velaquí todos os adornos de parede

Deseño escandinavo moderno con artesanía tradicional

En MÄVINN, combinamos a artesanía tradicional e materiais naturais con estampados rechamantes e cores fortes. Con esta colección, deseñada para marcar a diferenza, esperamos darlle á túa sala de estar ese toque especial que buscas.

Velaquí máis ideas e consellos para a sala de estar
A colección MÄVINN nun espazo de aspecto industrial. As fibras naturais mestúranse con tecidos rosas, verdes e azuis.
Primeiro plano da eiruga bordada na funda de coxín MÄVINN en azul escuro. Enriba, hai unha agulla cun fío amarelo.
Adorno de parede MÄVINN feito con fibras de codia de bananeira e fío de algodón negro. Leva unha tira negra detrás para penduralo.
A pantalla de lámpada MÄVINN feita á man con fibras de bananeira pendurada do teito dunha montura para lámpada de teito HEMMA negra.
Unha manta MÄVINN de raias en rosa e laranxa e borlas atadas á man nunha caixa de madeira.
Velaquí máis ideas e consellos para a sala de estar

A clave está nos detalles artesanais

Esta pequena eiruga bordada á man dá traballo a 305 persoas refuxiadas de orixe sirio e profesionais da artesanía de Xordania. Ao aplicar técnicas tradicionais para a elaboración de todos os produtos MÄVINN, queremos conectar a máis persoas e lugares a través da artesanía.

Un vídeo no que se amosa como se fai a funda de coxín MÄVINN en azul escuro cunha eiruga bordada á man en rosa, amarelo e negro.
Enriba dun par de caixas de madeira, hai fundas de coxín e mantas en rosa, azul e verde da colección MÄVINN.

Un floreiro non cambiará o mundo, pero 10 000 talvez si

Os pratos e floreiros MÄVINN, feitos á man, crean postos de traballo para persoas indíxenas e tribos de Tailandia. E o camiño de mesa MÄVINN está tecido, bordado e adornado con borlas, todo á man, para mellorar o medio de vida de mulleres artesás en zonas rurais de India. Facerse con algo novo para o fogar nunca tivo tantos efectos positivos.

Velaquí máis ideas e consellos para o comedor
Varias pezas da colección MÄVINN sobre unha mesa e penduradas dunha fiestra nun cuarto con estilo industrial.
Catro floreiros MÄVINN en gres verde nun peitoril branco. Un ten flores e dous están amoreados un sobre o outro.
Un testo colgante MÄVINN feito á man en macramé branco con detalles en laranxa e rosa sobre unha táboa de madeira.
Primeiro plano das chatolas negras e rosas dun camiño de mesa MÄVINN de raias feito á man. Enriba, hai unha agulla cun fío rosa.
Un mandil MÄVINN de raias pendurado nunha táboa de madeira. A tira verde sostén unha espátula e no peto dianteiro gárdanse unhas tesoiras.
Velaquí máis ideas e consellos para o comedor

Unha alfombra de xute feita á man desde o corazón

En colaboración coa empresa social Karupannya, esta alfombra deseñouse para axudar a crear postos de traballo para persoas que viven na beira do río en Bangladés, unha zona afectada de gravidade polo quecemento global. A alfombra está tecida en algodón e xute sen tinguir con detalles en la de cores, polo que é decorativa e duradeira.

Unha alfombra MÄVINN de xute e la de cores estendida sobre unhas escaleiras brancas diante dunha fiestra. Hai outra alfombra enrolada ao lado.
Unha alfombra MÄVINN en algodón e xute sen tinguir con raias de la en branco e negro, así como detalles en verde, rosa e laranxa.