Saltar

Abre as portas do teu fogar á diversión

Xogar é bo para todas as persoas, independentemente da idade: é esencial para os pequechos e moi beneficioso para os adultos. A diversión non debe limitarse ao cuarto dos máis pequenos, senón que pode xurdir por calquera razón e en calquera parte do fogar. Aquí é onde entra en escena a colección GREJSIMOJS. Baséase en todo o que sabemos sobre xogar e está deseñada para facer voar a imaxinación, activar a creatividade e fomentar o movemento, para que sexa máis doado comezar a divertirse.

Decora con sentido do humor para converter calquera cuarto nunha sala de xogos

A predisposición a xogar é cuestión de mentalidade, non de ter os xoguetes axeitados nin de poñer regras. Porén, cun par de cousas divertidas podes engadir un pouco máis de ledicia á vida diaria. Como un puf de almacenaxe con dentes ou un colgadoiro en forma de cacto que che transporta ás chairas e a aventura do salvaxe oeste, ou mesmo unha cadeira infantil con pelo, que pode ser a fabulosa peza principal dunha sala de estar.

Deixa espazo para a diversión que se agocha á vista

Bloques de construción que serven de enfeites. Un elegante paxaro balancín e unha sinxela táboa de equilibrio feitos de bidueiro laminado. Ou unha alfombra que é unha peza bonita e mais un mundo por explorar. Son moitas as vantaxes destes divertidos artigos que quererás expoñer no teu fogar. Pode que sexan o empurrón que precisas para comezar a xogar.

Crea unha sala de xogos infantil para distintas maneiras de xogar

Explorar, crear, representar papeis, liberar estrés e competir... Cada persoa xoga ao seu xeito. Por iso, a colección GREJSIMOJS inclúe un separador de ambientes que pode pregarse para crear unha casiña, ademais de peluches adorables, coloridos coxíns de chan, unha funda de cadeira simpática e peluda, enfeites de parede para personalizar, un tres en raia e moito máis.