Saltar

Colección SOLUPPGÅNG, unidos á natureza

SOLUPPGÅNG ("amencer" en sueco) ten todo o que necesitas para as túas aventuras diarias, non importa o grandes ou pequenas que sexan. Sinxelos, accesibles e inspiradores, estes produtos doados de levar permítenche saír e gozar ao aire libre.

Unha persoa co pelo longo e negro leva un sombreiro SOLUPPGÅNG; está apoiada contra unha árbore con mofo e ten a cabeza lixeiramente inclinada cara arriba.

Unha mestura de espírito nórdico e estilo urbano xaponés

A colección SOLUPPGÅNG combina o espírito da friluftsliv nórdica ("vida ao aire libre") coa personalidade e a sensibilidade dos estilos de vida urbanos de exterior xaponeses. A funcionalidade exterior mestúrase co estilo urbano contemporáneo, o que dá lugar a unha colección que celebra a conexión coa natureza.

A natureza sempre che dá fame

A comida sabe mellor en plena natureza, non si? Hai algo de especial niso de cociñar ao aire libre: o cheiro a fume, a calidez dunha comida compartida, unha longa conversa despois de xantar... SOLUPPGÅNG trae todo o que necesitas para gozar plenamente da experiencia.

Para grandes aventuras e pequenas escapadas

Dá un paso máis e descobre lugares inesperados. Ou queda cun amigo no parque. Tanto ten como decidas pasar tempo ao aire libre: a colección SOLUPPGÅNG facilítache as cousas e fai que todo sexa máis divertido.

Momentos inesquecibles onde menos os esperas

Para gozar da natureza, non fai falla moito: só un lugar cómodo e boa compaña. A colección SOLUPPGÅNG trae ao aire libre eses momentos cheos de confort que case non requiren esforzo.

Materiais deseñados para a túa comodidade

"Probamos unha morea de técnicas e composicións de tecido ata atopar o que estabamos a buscar", explica a deseñadora Darja Nordberg, que creou os tecidos para a colección. "Detrás destes deseños escóndese unha gran obra de artesanía". "A calidade do material era importante", di o deseñador Ola Wihlborg. 

Cara a rutas non tan salvaxes

Crea esa sensación acolledora e familiar ao aire libre. E cando chegue o momento de volver, estes artigos tamén encaixan perfectamente na túa casa. Estes produtos non son só para as túas escapadas, senón tamén para a túa vida cotiá na casa.

Un pintoresco espazo ao aire libre no que se ve unha persoa envolta nunha manta SOLUPPGÅNG mentres goza dunha bebida quente na parte traseira dun coche, con vistas ao mar.

Cara a rutas non tan salvaxes

Crea esa sensación acolledora e familiar ao aire libre. E cando chegue o momento de volver, estes artigos tamén encaixan perfectamente na túa casa. Estes produtos non son só para as túas escapadas, senón tamén para a túa vida cotiá na casa.