A túa tarxeta IKEA Family sempre á man

A túa tarxeta IKEA Family no teu móvil
Levas sempre o móbil canda ti? Pois daquela tamén a túa tarxeta IKEA Family! Porque agora é máis sustentable, máis cómoda… agora é dixital! Descárgaa no teu móbil para ensinala en cada compra e aproveita sempre todas as vantaxes que che dá o club.
Perdiches a túa tarxeta? Axudámosche a recuperala!
INICIA SESIÓN NA WEB
Recupera a túa tarxeta IKEA Family en formato dixital. Atoparala no teu perfil de cliente en IKEA.es.
INSTALA A APP DE IKEA
Só tes que descargar a app de IKEA, iniciar sesión e aí terás a túa tarxeta sempre que a precises. E non só iso, aquí poderás atopar descontos e información moi útil.
OS QUIOSCOS XA NON IMPRIMEN TARXETAS IKEA Family, PERO... SÉGUENAS ENVIANDO!
Poderás seguir empregando os nosos quioscos para facerte socio. Iso si, a túa tarxeta chegarache en forma de mensaxe de correo electrónico ou de texto. Axúdanos a coidar do planeta!
ABRE CALQUERA DOS BOLETÍNS DE NOVIDADES QUE CHE ENVIAMOS
Cando vaias pagar, poderás atopar o código QR da túa tarxeta en calquera dos boletíns de novidades que che enviamos. Ademais, tamén verás ligazóns directas para acceder a Apple Wallet ou Google Play.
ENGÁDEA ÁS TÚAS TARXETAS DE FIDELIZACIÓN
A tarxeta IKEA Family é compatible coa maioría das app onde teñas acumuladas todas as túas tarxetas de fidelización.
Tamén a podes descargar en Google Pay ou Apple Wallet para levala sempre contigo no móbil.
OUTRAS FORMAS DE CONSEGUILA

A tarxeta física desaparece?
Se a tes, podes seguir usándoa sen problema, pero non emitiremos novas tarxetas físicas. É a nosa forma de coidar o planeta e poñercho máis fácil.
Non tes aínda a tarxeta dixital? Contámosche como conseguila!