Saltar

Servizo de xestión para proxectos empresariais

Os proxectos grandes precisan unha atención dedicada e especial, polo seu volume e a súa complexidade. Por iso, traballamos para ofrecer un servizo personalizado, pensado para proxectos residenciais, flex living, coliving, coworkings e espazos corporativos, co soporte dun especialista de IKEA para que te acompañe durante todo o proceso de compra!

Ponte en contacto connosco e envía un correo electrónico a: [email protected]

Un home a planificar xunto a unha parella de colaboradores de IKEA.

Un servizo completo máis aló da compra

Xestión e planificación de conta

Todos os grandes proxectos teñen un responsable de conta e mais un deseñador de interiores, especializado no segmento profesional e empresarial.

Capacidade de subministración

Garantimos o envío e a entrega de grandes volumes dende o momento da negociación, asegurados por un proceso propio adaptado a cada proxecto.

Política de prezos e métodos de pago

Incluímos un orzamento detallado co custo dos produtos, servizos, métodos de pagamento dispoñibles e financiamento, cunha política de descontos e "recompensas".

Implementación do proxecto

Contas cun Coordinador do proxecto e con servizos especializados de transporte, montaxe de armarios e instalación de cociñas para proxectos na fase de construción.

Servizo posvenda

Todos os proxectos teñen asignado un equipo responsable para a resolución de calquera situación posterior ao período de implementación.


Tes algunha pregunta?

Insire unha ou varias palabras na barra de busca para consultar as nosas preguntas frecuentes.

  • Se desexas información sobre os nosos produtos, utiliza o buscador da parte superior da web.
  • Se desexas consultar o estado do teu pedido, fai clic aquí