Descubre os nosos servizos para empresas
Na Rede IKEA para Empresas, temos servizos que che axudan a personalizar o teu negocio. Se formas parte da Rede IKEA para Empresas, podes acceder a un amplo abano de vantaxes adicionais.
Ferramentas de deseño e planificación
Explora IKEA Kreativ e fai que os teus deseños cobren vida. Coas nosas ferramentas de planificación, visualizar e crear as túas solucións ideais é moi doado.
Consellos de deseño rápidos e gratuítos
Queremos axudarche a crear un espazo que vos inspire a ti e mais o teu equipo a facer o que mellor sabedes facer. Cunha conta da Rede IKEA para Empresas, podes gozar dunha reunión gratuíta dunha hora cun/cunha deseñador/a de interiores de IKEA para falar sobre como podemos axudarche a que as túas ideas para o teu espazo de traballo cobren vida pouco a pouco.
Deseño de interiores
Os/As especialistas en deseño de interiores para empresas poden crear solucións inspiradoras, funcionais e accesibles que teñan en conta tanto as persoas como o planeta. Ofrecemos axuda personalizada para o teu lugar de traballo, xa sexa en liña, na túa tenda local ou in situ. Non esperes para reservar a túa cita.
Servizo de entrega
O servizo de entrega de IKEA aforra tempo e enerxía para que poidas centrar a túa atención noutras cousas. Independentemente de se pides vasos pola web ou un sofá na tenda, gozarás dos mesmos prezos accesibles, xa que non hai custos ocultos coas entregas "gratis".
Servizo de montaxe
Un dos nosos profesionais de confianza levará a cabo a montaxe para que ti poidas centrarte na túa listaxe de cousas pendentes.
Financiamento para empresas
Falamos de negocios? Descubre as nosas opcións de pagamento flexibles para que che resulte máis doado e accesible amoblar o teu negocio con calquera orzamento.
Non atopas o que buscas?
Contacta connosco e déixanos axudarche.