Restaurantes e cafetarías
En IKEA, queremos traballar contigo para que o teu negocio teña o estilo que andas a procurar: tradicional, moderno, ecléctico, fusión… Se din que a comida entra polos ollos, fagamos xuntos que o teu local non só entre, senón que quede gravado no cerebro para sempre.
Ademais, goza dunha mellor experiencia de compra ao unirte á Rede IKEA para Empresas.

Todo o que os teus clientes precisan para gozar dunha comida memorable
Fai que o teu negocio brille coa maxia do Nadal
Seguro que xa estás a pensar en como vas decorar o teu local este Nadal. Nós tamén estamos a agardar por ti para axudarche a que o acendido das luces do teu negocio esperte a ledicia e o espírito de Nadal en todos os teus clientes.
Servizo de deseño de interiores
Traballaremos conxuntamente para deseñar a mellor decoración para o teu negocio, con diversos planos e vistas 3D. Ao finalizar o servizo, entregarémosche un orzamento personalizado e detallado, ademais dun proxecto completo en 3D.
Antes de mercar
Estas solucións conteñen unha mestura de artigos deseñados para un uso doméstico e non doméstico. Comproba que as túas compras cumpren as normativas e son axeitadas para o uso previsto na túa zona. Contacta con IKEA para Empresas para obter máis información sobre a gama.




















































