Saltar

Mobiliario de oficina

En IKEA, queremos traballar contigo para que a túa oficina sexa, sobre todo, funcional, e para que a produtividade da túa empresa medre cada día, sen descoidar a decoración nin os detalles. Fagamos xuntos que tanto ti como os/as teus/túas colaboradores/as se sintan felices de traballar alí.

Ademais, goza dunha mellor experiencia de compra ao unirte á Rede IKEA para Empresas.

Un sofá modular LILLEHEM beixe con patas de madeira, combinado cunha mesa para portátil MITTZON branca, sobre unha alfombra de estampado xeométrico.

Temos que evolucionar

Talvez xa o notaches, pero a forma de traballar na oficina mudou. Os mobles da serie MITTZON ofrecen espazos flexibles e adaptables que impulsan a creatividade e a produtividade. Un contorno de oficina profesional onde se valora verdadeiramente a importancia do benestar e o sentimento de pertenza. 

Velaquí a serie MITTZON
Unha pantalla acústica MITTZON beixe, de pé nunha oficina doméstica
Unha pantalla acústica MITTZON beixe para escritorio nunha oficina doméstica
Velaquí a serie MITTZON

Servizo de deseño de interiores

Traballaremos conxuntamente para deseñar a mellor decoración para o teu negocio, con diversos planos e vistas 3D. Ao finalizar o servizo, entregarémosche un orzamento personalizado e detallado, ademais dun proxecto completo en 3D.

Máis información

Optimiza o teu espazo de traballo co mellor mobiliario de oficina

O mobiliario de oficina vai máis aló de simples cadeiras e escritorios. É a chave para crear un contorno laboral cómodo que fomente a produtividade e a creatividade. En IKEA, ofrecémosche unha ampla gama de mobiliario de oficina deseñada para adaptarse aos teus gustos e necesidades, con especial atención á ergonomía para garantir a túa comodidade. Dende cadeiras que achegan un apoio óptimo ás costas ata solucións de almacenaxe que te axudarán a manter todo en orde. Atopa aquí o mobiliario perfecto para ti!

Como escoller o mobiliario de oficina?

O primeiro que debes ter en conta é a comodidade e a ergonomía; escolle o mobiliario de oficina que che permita adoptar a postura correcta para evitar as molestias e mellorar a concentración. Opta por escritorios con espazo dabondo para traballar, cadeiras que coiden as túas costas e almacenaxe extra, como mobles de caixóns, estantes ou armarios para telo todo organizado.

Que cores son recomendables para o mobiliario de oficina?

Se elixes tons neutros como branco, gris ou madeira clara, conseguirás crear un ambiente sereno e profesional. Se elixes un toque de cor, podes achegar dinamismo.

E para gozar de máis ideas e consellos económicos, non perdas esta selección de mobles baratos e recomendacións.