Saltar

Como crear un vestíbulo nun hotel para ofrecer unha estancia coas mellores recensións

Queres darlles a benvida aos hóspedes do teu hotel cun vestíbulo moderno e informal? Aquí atoparás unha guía paso a paso para crear un vestíbulo planificado ata o máis mínimo detalle para ofrecer aos teus hóspedes a mellor experiencia posible.

Varias zonas para sentar con cadeiras de brazos VEDBO en gris escuro e sofás modulares en vermello na metade dun vestíbulo moderno e moi luminoso nun hotel.
Varias zonas para sentar con cadeiras de brazos VEDBO en gris escuro e sofás modulares en vermello na metade dun vestíbulo moderno e moi luminoso nun hotel.

Pensa en como se moverán os hóspedes

O tipo de mobles dun vestíbulo e o xeito de arranxalos determinan como se van mover, comportar e sentir os hóspedes. 

Fluxo espacial
Ten en conta as barreiras físicas e visuais, os obstáculos e as oportunidades. Propón solucións e traballa coa arquitectura existente. Deixa espazo entre as paredes, os divisores de espazos e os mobles para que os hóspedes poidan pasar.

Fluxo social
Pensa en como se comportan as persoas á hora de realizar diferentes actividades e determina que queres que fagan ou non os hóspedes. Abondará con colocar unhas mesas auxiliares pequenas? Ou mellor colocamos unhas mesas altas? Os mobles robustos e pesados son difíciles de mover e cambiar de sitio; en cambio, uns máis lixeiros poden moverse con total liberdade cando sexa necesario.

Fluxo emocional
Pon as cousas fáciles. Organiza os mobles do mesmo xeito para conseguir un ambiente sinxelo e ordenado. Pensa no efecto das diferentes formas e dimensións, e como se poden combinar. Os mobles baixos achegan calma, pero semella que non son de moita axuda. Os mobles altos achegan privacidade, pero poden resultar atafegantes. 

Vista superior do vestíbulo dun hotel con dúas zonas de mesas compostas por sofás modulares LILLEHEM en vermello e cadeiras de brazos de cor gris sobre alfombras grandes.

Transmite aos hóspedes que están nas mellores mans

Transmite unha sensación de confianza, inclusión e atención. Utiliza luces de traballo e adornos no mostrador de recepción para dar unha primeira impresión acolledora e profesional. Prepara un espazo para gardar os abrigos e pequenos bolsos dos hóspedes. Ofrece instrucións claras e información turística aos hóspedes para que poidan orientarse tanto dentro do hotel como fóra.

Velaquí todas as librarías e estantes
Dúas lámpadas de teito JÄRPLIDEN de cristal branco/acabado niquelado sobre un mostrador de recepción de pedra en beixe no vestíbulo dun hotel de deseño moderno.
Dúas librarías BILLY en branco con revistas e folletos turísticos á beira dun ascensor no vestíbulo dun hotel; entre as librarías hai un espello.
Velaquí todas as librarías e estantes

Crea un ambiente apracible e acolledor para os hóspedes

Incorpora sutís elementos naturais. As plantas e as flores achegan un toque refinado e elegante. As formas orgánicas (redondas, curvas ou onduladas) e os materiais naturais (madeira, algodón ou liño) suavizan as liñas e alivian o efecto dos materiais fríos. Ofrece cadeiras e cadeiras de brazos de todo tipo con coxíns para que todas as persoas poidan sentar comodamente.

Velaquí todos os coxíns
Unha cadeira de brazos VEDBO en gris escuro con patas de bidueiro detrás dun sofá vermello que mira para a recepción dun hotel.
Dúas cadeiras de brazos BINGSTA modernas de respaldo alto en gris escuro practicamente unha fronte á outra nun recanto apartado dun vestíbulo moi luminoso.
Velaquí todos os coxíns

Fai que os hóspedes se sintan como na casa

Prepara unha sala de estar con todo tipo de detalles. Ofrece un espazo para cargar as pilas, por exemplo, unhas mesas altas con organizadores de cables integrados xunto a unha zona de autoservizo para tomar un aperitivo. Proporciona información sobre a wifi e o almorzo en taboleiros de anuncios, por exemplo, nestas estruturas con rodas MITTZON. Tamén podes utilizar estas estruturas como separadores de ambientes improvisados ou mesmo decoralas con plantas.

Velaquí todos os separadores de ambientes
Dúas persoas a carón dunha mesa de conferencias MITTZON de chapa de bidueiro/cor branca á beira dunha fiestra. Unha destas persoas está sentada e abrindo un portátil.
Varios carteis informativos e de eventos colgados dunha pantalla acústica nunha estrutura con rodas MITTZON situada detrás dun sofá nun vestíbulo.
Velaquí todos os separadores de ambientes