É hora de poñer ideas en común! No canto da típica mesa redonda, prepara acolledores compartimentos que estimulen a creatividade e unan ás persoas. Coloca os nosos novos e suaves sofás LILLEHEM con fundas lavables para que duren anos. A alfombra xeométrica STOCKHOLM ten o estampado polas dúas caras para que poidas darlle a volta facilmente e usala máis tempo. Ademais, grazas á súa superficie de tecido liso, é sinxelo apartar os mobles e aspirala, un detalle que o servizo de limpeza seguro que agradecerá. As cortinas drapeadas crean unha sensación de privacidade ao tempo que manteñen o espazo aberto e ventilado. Remata a estancia con mesas auxiliares de chapa de piñeiro para darlle ese toque final escandinavo moderno.
Esta non é a típica sala de descanso nunha oficina. É un espazo que funciona, dura e fai que todas as persoas (tanto o teu equipo como as visitas ocasionais) se sintan a gusto.