Saltar

Atopa a cadeira máis axeitada para ti

Para atopar a cadeira de oficina axeitada, hai que ter moitos factores en conta, máis aló do aspecto ou a comodidade. Os materiais apropiados poden absorber a calor corporal, mentres que as opcións de axuste permítenche adaptar a cadeira ao teu corpo. Deixa que te axudemos a elixila. Todas as cadeiras desta páxina teñen unha garantía de 10 anos.

Unha oficina lixeiramente iluminada con varios escritorios MITTZON e pantallas acústicas como espazos de traballo, plantas frondosas, adobíos e arte natural.
Unha oficina lixeiramente iluminada con varios escritorios MITTZON e pantallas acústicas como espazos de traballo, plantas frondosas, adobíos e arte natural.

Alta, cómoda e bonita

A marabillosa cadeira de oficina GRÖNFJÄLL está repleta de funcións para manter o corpo nunha postura saudable. Os repousabrazos totalmente axustables permiten ter o pulso nunha posición relaxada, por exemplo, ao usar o móbil. O repousacabezas curvado minimiza as distraccións visuais. 

Un cuarto luminoso con pósteres na parede, almacenamento e un escritorio branco. Unha cadeira de oficina GRÖNFJÄLL negra e unha lámpada de escritorio negra.

Atractiva e vistosa

Pode que o vermello sexa un clásico, pero as cadeiras de oficina SMÖRKULL son calquera cousa menos básicas. O deseño do respaldo alto fornece un apoio firme e cómodo para o corpo, o pescozo e a cabeza, para que así poidas manter a concentración. A funda é extraíble e lavable, e a cor vermella proporciona carácter ao teu espazo e saca á luz a túa faceta máis rebelde.

Unha oficina con pantallas acústicas MITTZON entre os escritorios e cadeiras de oficina SMÖRKULL vermellas. Hai unha muller sentada xunto á fiestra.

Unha compañeira de confianza

Pasas moitas horas sentado/a? A cadeira xiratoria MARKUS coida do teu corpo. Conta cun repousacabezas e repousabrazos que te axudan a relaxar os músculos do pescozo e as costas. Tamén ten unha función de inclinación sincronizada que permite que a cadeira se mova contigo. É a opción perfecta, tanto se te moves moito como se prefires recostarte e relaxarte.

Unha cadeira de oficina MARKUS negra con rodas diante dunha fiestra pola que entra moita luz. Conta cun repousabrazos e unha reixa no respaldo que favorece a ventilación.
Un escritorio elevable TROTTEN en beixe claro/branco cunha cadeira gris escuro e unha lámpada de escritorio negra nunha oficina espazosa.

Transpirable e fresca, incluso cando vai calor

A cadeira de oficina FLINTAN, sinxela e lixeira, conta cun tecido de malla transpirable no respaldo para que non pases calor en ningunha situación. É xenial para as persoas calorosas ou que adoitan traballar en ambientes moi cálidos. Pódese inclinar e é flexible. Ademais, o soporte lumbar integrado ofrece un enorme alivio para as costas. 

Un escritorio branco sobre unha alfombra verde e un separador de ambientes branco con plantas verdes detrás. Hai dúas cadeiras de oficina FLINTAN negras e unha mochila.

Favorece a comodidade e a concentración

Esta cadeira de oficina ergonómica ofréceche moitas funcións que che permiten adaptar a cadeira ao teu corpo facilmente. O modelo JÄRVFJÄLLET, de altura axustable e con soporte lumbar integrado, ofrece comodidade e está dispoñible con ou sen repousacabezas, polo que poderás elixir o nivel de apoio que precises.

Unha cadeira de oficina JÄRVFJÄLLET negra con respaldo alto de reixa xunto a un escritorio gris, nunha oficina pequena con plantas verdes.
Primeiro plano dunha muller coa cabeza pousada nunha cadeira de oficina JÄRVFJÄLLET negra estilo coiro.

Pode que a mellor cadeira de oficina nin sequera sexa unha cadeira

Moverse é unha das mellores maneiras de contrarrestar a parte negativa de pasar todo o día nunha cadeira. O tallo alto elevable LIDKULLEN ten un mecanismo intelixente que te axuda a manter unha postura activa mentres estás sentado/a. O teu corpo moverase lixeiramente ao longo do día. Pero pode que o máis importante sexa que fará que queiras erguerte e moverte.

Mesas de conferencias verdes e mesas altas brancas nunha oficina ampla con varios tallos altos elevables LIDKULLEN en cor negra.