Saltar

Unha oficina definida pola concentración, a versatilidade e o estilo

O estilo e a multifuncionalidade caracterizan este lugar de traballo luminoso e amplo no que unha alegre combinación de cores, mobles adaptables e espazos persoais e colectivos son a tonalidade predominante.

Unha oficina luminosa e despexada con varias cadeiras de oficina FLINTAN negras ao redor dun grupo de escritorios TROTTEN, que forman un espazo de traballo compartido.
Unha oficina luminosa e despexada con varias cadeiras de oficina FLINTAN negras ao redor dun grupo de escritorios TROTTEN, que forman un espazo de traballo compartido.

Un ambiente tranquilo e de cores para un almacenamento intelixente

Co branco como base, os mobles funcionais, as plantas e os detalles de cores intensas crean unha dinámica agradable. E se falamos de funcionalidade, os caixóns extraíbles dos soportes para monitores utilízanse como organizadores persoais. Os/as colaboradores/as, que teñen espazos de almacenamento individuais, poden elixir o escritorio que mellor se adapte á tarefa actual.

Velaquí todos os organizadores e accesorios de escritorio
Armarios TROTTEN brancos contiguos, con portas xunto a unha parede de azulexos rosas, con plantas frondosas e accesorios de oficina.
Un escritorio cun cable LILLHULT colocado entre accesorios de oficina no caixón dun soporte para monitor ELLOVEN branco.
Velaquí todos os organizadores e accesorios de escritorio

Espazos abertos e luminosos con áreas de privacidade

A liberdade de moverse por unha oficina ampla contribúe a crear un ambiente acolledor. Porén, ter a posibilidade de adaptar o espazo de traballo é igual de importante, como crear unha burbulla onde se concentrar con armarios que dividen a peza, se for necesario, reforzados con taboleiros de anuncios insonorizantes, ou a posibilidade de regular a altura dos escritorios.

Bota unha ollada ao sistema TROTTEN completo
Unha peza cun espazo de traballo cun escritorio de pé/sentado TROTTEN en beixe e branco, e armarios TROTTEN brancos nun chan con estampado verde.
Bota unha ollada ao sistema TROTTEN completo

Un espazo moi xeitoso para facer un descanso

Aquí poderás acougar e recuperar folgos nun intre entre reunións e tarefas (e armarios). Aínda que só está a uns pasos do teu escritorio, este recuncho acolledor e estilizado permite desconectar un intre.

Unha ampla oficina co chan verde e unha cadeira de brazos EKERÖ en azul escuro, xunto a unha mesa auxiliar BURVIK e armarios brancos.

Reunións e moito máis ó teu gusto

Unha mesa de conferencias, un espazo de traballo colectivo, un grupo de escritorios? Si! É todo o anterior, esa é a cuestión. A iluminación, as cores e a simetría crean un ambiente relaxado, namentres o espazo é facilmente adaptable, segundo a actividade. E tamén a un prezo accesible.

Velaquí todas as cadeiras de oficina
Unha oficina colorida e ampla con varias cadeiras de oficina FLINTAN negras ao redor dun grupo de escritorios TROTTEN, que forman un espazo de traballo compartido e rectangular.
Velaquí todas as cadeiras de oficina